Rutas y areas descanso - Fundación Galicia Verde

Logo de la Fundación Galicia Verde
Logo de la Fundación Galicia Verder

Vaya al Contenido
ROTEIROS E ÁREAS DE LECER
Respectando ao máximo a flora e fauna do Bosque da Biodiversidade, e para cumprir coa súa función educativa, habilitaremos pequenos carreiros que permitan que as visitas poidan chegar a todos os recantos de interese.
Nestes carreiros teremos en conta dous aspectos. O primeiro, que resulten utilizables mesmo para persoas con algunha discapacidade e, se nalgún tramo isto non fose posible, habilitarase un roteiro alternativo para que todas estas persoas poidan gozar e aprender no noso bosque.
En segundo lugar, e dado que a función destas sendas é que as persoas que nos visitan se poidan achegar á Natureza e gozar da mesma, intercalaremos áreas de descanso onde poder botar algún tempo e relaxarse. Nestas áreas dispoñerase de asentos e mesas rústicas, así como de paneis informativos para axudar á interpretación da contorna. A sinalización deberá ser discreta e perfectamente integrada, con elementos confeccionados en madeira.
Nas áreas de descanso habilitarase algún tipo de refuxio para ser utilizado en caso de inclemencias atmosféricas, pero sempre empregando elementos naturais inspirados na arquitectura tradicional da contorna, nunca materiais "modernos" coma o aceiro inoxidable. Os únicos elementos permitidos serán a pedra e a madeira, traballadas manualmente.
Na parte máis elevada construirase un miradoiro para ter unha visión xeral da contorna.

Custo estimado para esta sección: 28.000 euros
Tempo estimado de execución: 5 meses
Regreso al contenido