Plantación de agua - Fundación Galicia Verde

Logo de la Fundación Galicia Verde
Logo de la Fundación Galicia Verder

Vaya al Contenido

SEMENTAR AUGA
Terminamos cos grandes movementos de terra. Temos a auga nos puntos nos que a necesitamos e agora chegou o momento de darlle forma para que, co tempo, se integre no conxunto do bosque. Imos crear tres tipos de instalacións, como por exemplo unha pequena lagoa que poida ser colonizada por plantas acuaticas locais e que, ademais, sirva de refuxio para determinada fauna e de bebedoiro para outra. Unha zona de herba nun dos seus lados, á saída do bosque, vai permitir montar unha agradable área de descanso cun mínimo investimento: só herba e flores.
As irregularidades do monte, con cristas de roca espalladas por toda a superficie, son unha magnífica oportunidade para montar pequenas charcas que, a modo de humidais, diversifiquen as microcondicións da contorna. As propias formacións rochosas delimitan zonas de diversos niveis que podemos utilizar. Os grandes desniveis permitirannos montar un pequeno salto de auga, ou unha simple corrente de auga rápida, con circulación en circuíto pechado e movida con enerxía solar, non só para engadir novas condicións senón para incorporar, o seu agradable son. Se a corrente fose abundante, estudaríase a posibilidade de instalar unha pequena turbina demostrativa para produción eléctrica.
Dadas as características do monte, para crear estes espazos con auga teremos que recorrer a dúas posibles solucións: ou ben impermeabilizar, creando unha base arxilosa; ou facelo cunha lámina de caucho butilo, a fin de manter a auga no lugar prefixado. A auga de choiva canalizarase cara a estes lugares e deberá dispoñerse un aliviadoiro para casos de choivas excesivas.
As zonas de auga, xunto coa vexetación que as rodea, crean pequenos ecotonos que incrementarán notablemente a biodiversidade. Para o deseño destes espazos darase prioridade ás plantas locais  que crezan en condicións similares e aqueloutras que poidan aparecer de maneira espontánea. Para a creación destes ecotonos contarase con botánicos profesionais da USC.

Custo estimado para esta sección: 7.500 euros
Tempo estimado de execución:  7 días
Regreso al contenido