Planificación de terreno - Fundación Galicia Verde

Logo de la Fundación Galicia Verde
Logo de la Fundación Galicia Verder

Vaya al Contenido

PLANIFICACIÓN E LEVANTAMENTO TOPOGRÁFICO
O Bosque da Biodiversidade de Leboso, Forcarei - Pontevedra, constará de catro masas arbóreas:  de carballos, de castiñeiros, de sobreiras e de bidueiros. Ademais integrará pequenos grupos, ou exemplares soltos, doutras especies representativas do bosque galego, como o loureiro, o ameneiro, o salgueiro, o acivro ou a aciñeira. O obxectivo deste bosque é dobre: a conservación da biodiversidade e a súa exposición ao público con fins formativos. O bosque será percorrido por un carreiro perfectamente sinalizado, que nos descubirá o conxunto e nos achegará aos lugares de maior interese. Para facerllo máis atractivo ao visitante, incluiranse discretas áreas de descanso e información, con zonas protexidas para gorecerse se fose necesario.
Cada especie arbórea irá acompañada doutras especies vexetais asociadas, e incentivarase a presenza de fauna autóctona.
Os carballos dominarán a parte sur, lindado coa aldea coñecida como Carballeira, onde existe gran abundancia desta especie.
A zona norte estará ocupada polos castiñeiros, que a Fundación Galicia Verde xa vén plantando nos últimos anos.
No oeste existen dúas zonas: unha, elevada, onde irán os bidueiros; e outra máis baixa para as sobreiras. Como protección destas situarase unha barreira de crecemento rápido conformada por secuoias.
Tendo presente o obxectivo anteriormente citado, iniciamos a creación do bosque cun dobre levantamento topográfico. Primeiramente, desde un dron; e posteriormente desde terra, para obter un detalle máis minucioso e para entender ata o máis mínimo detalle o movemento da auga e as características do solo, xa que este procedemento apararentemente sinxelo conleva unha gran complexidade.

Custo estimado para esta sección:  11.500 euros
Tempo estimado de execución:  30 días
Regreso al contenido