Matorrales - Fundación Galicia Verde

Logo de la Fundación Galicia Verde
Logo de la Fundación Galicia Verder

Vaya al Contenido

MATOGUEIRAS E OUTRAS ESPECIES
.
A biodiversidade inclúe non só as árbores, senón tamén a flora e a fauna asociadas. Normalmente non adoitamos telas en conta, pero non será así no noso bosque. Con axuda de prestixiosos botánicos e biólogos da USC realizaremos un estudo da flora e fauna asociadas a cada tipo de árbore, e veremos a maneira de implementalas para recrear as condicións naturais propias deste tipo de bosque. A partir dese momento deixaremos que evolucione dunha maneira natural, sen intervención.

Os necesarios labores de matenimiento anuais terán como único obxectivo o manter os carreiros e as zonas de repouso en condicións de ser utilizados e faciltar a observación de determinados habitats que se vaian conformando ao redor das zonas creadas con estanques, humidais, prados....

Periodicamente faremos unha revisión de como evoluciona o conxunto para a súa publicación informativa e os novos datos que se vaian producindo serán incorporados aos paneis informativos. O bosque é unha entidade viva, cambiante, e así será a información que iremos facilitando.

 
Custo estimado para esta sección: 4.000 euros
Tempo estimado de execución: ....... 12 meses
Regreso al contenido