PADROADO elixido en Asemblea do 21 de Maio de 2013

 

  ENRIQUE BANET

  PRESIDENTE

Fundador da Fundación no ano 2002, despois de máis de dez anos dirixindo e presentando o programa SENDA VERDE da TVG.

Actualmente compaxina o seu traballo na Fundación co de terapeuta especializado en Aiurveda, Terapia Clark e Reimpronta Matricial.

  CARLOS OTERO

  SECRETARIO

Socio fundador da Fundación.

Colaborador moi activo na área de INSECTOS, onde publica de seguido artigos sobre insectos e o medio.

Profesor titular de Zooloxía, no Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da USC.

  MABEL RIVERA

  PATROA

Socia fundadora da Fundación.

Actriz de recoñecido prestixio.

É a responsble da organización das feiras  de sementes.

  ANA ÁLVAREZ

  PATROA

Empresaria en Moaña onde rexenta un establecemento adicado a promover unha vida máis sa a través do consumo de produtos ecolóxicos e de calidade.

Traballou como voluntaria moi activa na Fundación contribuíndo á súa consolidación.

  MARCOS    GONZÁLEZ

  PATRÓN       

Socio fundador da Fundación.

Colaborador habitual na área de RÍOS.

Catedrático titular no Departamento de  Zooloxía e Antropoloxía Física da USC.

 

  IÑIGO PULGAR

  PATRÓN

Socio fundador da Fundación.

Colaborador habitual na área de PLANTAS.

Botánico, investigador da USC. Actualmente imparte docencia na Universidade de Sevilla. 

  CRISTINA      BARREIRO 

  PATROA

Socia da Fundación dende o ano 2010.

Bióloga pola USC.

Colabora nas seccións de AGRICULTURA e RECEITAS.

Coordina todas as actividades da Fundación, tanto docentes como de colaboración (voluntariado, socios...), e foi a creadora de Namaskar, a nosa tenda "on line".

  CARMEN    NAVARRO 

  PATROA

Socia da Fundación dende o ano 2013.

Colaboradora habitual na sección de RECEITAS.

Terapeuta especializada en mediciñas orientales.

Imparte docencia sobre Aiurveda.