CO NOSO RECOÑECEMENTO A TODOS OS EMIGRANTES DE QUINTILLÁN QUE DENDE ARXENTINA NON ESQUECERON AS SÚAS ORIXES E TRABALLARON  DURAMENTE, E CONSTRUIRON  UNHA ESCOLA PARA QUE

"SEUS FILLOS NON TIVERAN QUE EMIGRAR"

A piques de rematar o ano 1928, na parroquia de Quintillán, na aldea de Leboso, tivo lugar un acto de gran solemnidade, de extraordinaria importancia para a comarca, e que referenda os valores dunha época dura, moi dura, pero solidaria.

Se inaguraba a escola de Leboso.

No frontispicio unha inscripción recordábanos o como, e o por qué:

FACEMOS ESTA ESCOLA PARA QUE OS NOSOS FILLOS NON TEÑAN QUE EMIGRAR

A sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, denominada  Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundouse o 22 de outubro de 19221 como resultado “del entrañable amor a la tierra natal y el anhelo de ver desterrado de Galicia ese resto de vergüenza que se llama analfabetismo”. Con ese fin a Sociedade axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Leboso, parroquia de Quintillán. A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois.

Permaneceu abandonada dende finais dos anos sesenta, e presentaba un estado deplorable debido a dita situación.

 

 

 

Foi a finais do ano 2002 cando o azar fíxonos chegar a Leboso. O lugar captou a nosa atención dende o primeiro día e decidimos dar un paso adiante e recuperar para a historia aquel lugar de cultura e solidariedade, construído coa suor, e seguramente as bágoas, de máis dun esforzado emigrante.

E recuperalo para manter o seu sentido.

Chamáronnos tolos, pero aí queda, e quedará para sempre, a nosa pegada unida á daqueles que emigraron forzados polo fame, como un monumento para que nunca máis, no futuro, esquezámonos que a SOLIDARIEDADE é un valor, e que a CULTURA alimento.