Ano 2017. A CONSOLIDACIÓN DAS INFRAESTRUTURAS


Na parte inferior abrimos un novo acceso e iso suscitábanos un posible problema. O gran desnivel, de case tres metros, necesitaba dun muro de contención para evitar futuros derrubes. Simultáneamente este muro permitiríanos gañar bastantes metros para a zona onde, máis adiante, contruiremos un centro de venda e degustación. Os elevados custos fóronnos atrasando pero, a día de hoxe, conseguimos rematalo. Agora fáltanos a chegada da pala para reencher este gran oco.



Ao fin, hoxe iniciamos a recuperación dos destrozos do temporal. Comezamos polos invernadeiros da parte superior que son imprescindibles xa que, dentro de poucos días necesitamos trasplantar os tomates. Como sempre os recubrimos con malla antitrips que tan bos resultados estanos dando.



Ainda falta algo máis de un mes para a 7ª Feira e Sementes e Plantón Ecolóxicos pero xa estamos preparando todo. Actualmente a imaxe é a da foto pero neste último mes imos introducir novidades importantes que poderanse descubrir acudindo a feira.

 


Subir a cámara, e ter una visión do conxunto, permítenos ser máis conscientes do traballo realizado. Na parte inferior estamos a traballar na nova vía de acceso a esa explanada na que construiremos un centro de degustación e venda dos nosos  produtos, a seguinte fase do noso  proxecto. As veces, dende abaixo, inmersos na proximidade, non percibimos realmente o avance do conxunto, que vai  medrando pouco a pouco.


 
A vista de dron pódense apreciar os desperfectos do vendaval. Na parte superior varios invernaderos destruidos. Na central desapareceu a estrutura de túneles  e a dereita a cuberta don invernadeiro principal quedou destruida. En total unhas perdas que superan os 7000 euros, e moitas horas de traballo.


Aproveitando a proteción do invernadeiro grande, Cris está acabando de pintar, con cores variadas, unha serie de neumáticos usados. Con eles creará vistosas separacións e xardineiras na horta urbana que a Fundación organizou, coa colaboración do Concello de Lalín. Unha boa iniciativa que servirá para reciclar neumáticos e dar un toque vistoso e alegre á horta.


O invernadeiro grande, cuias paredes son de balas de palla levaba tempo esperando unha solución para recubrilas e evitar que se deterioren demasiado. Hoxe, por fín, comezamos a facelo. Vainos a levar bastante tempo pois o faremos aproveitando tempos mortos, que adoitan ser poucos. Decidímonos por recubrilos cunha mestura que se usa nas casas feitas de palla. É unha mestura de 4 partes de serrín, dúas de area, outra de cemento e outra de cal. A primeira proba case nos fai abandonar, pois parecía que nunca se endurecía, pero esperamos uns cantos días e despois púxose seca e dura, coma se fóra de cemento.


O espazo adicado á feira, e outras actividades, estábasenos quedando pequeno. Falamos coa alcaldesa e hoxe mandounos a pala municipal para preparar unha nova explanada. Iso vainos dar maior holgura, á vez que nos permite máis que duplicar a nosa capacidade de montar novo postos. Aquí pensamos que se instale a carpa do pulpeiro. O único inconvinte é que para este ano, seguramente, non sairá a herba por falta de tempo, pero, ... non se pode improvisar.


Levounos tempo pero xa temos rematado o primeiro tramo de estrada de subida que nos permite enlazar os dous niveis intermedios. Xa plantamos unha fila de buxo e nuns días replantaremos a unha distancia adecuada a fila de castiñeiros xa que, de non facelo, corremos o risco de que dentro duns cantos anos poidan levantarnos o piso hormigonado. Máis vale previr ....


Parece que un traballa mentres outros miran, pero nada máis lonxe da realidade. Traballouse moi duro para que agora contemplemos o remate do traballo alisando a superficie do cemento. Rematamos con éxito esta fase na que previamos 12,5 metros de subida para movernos con comodidade entre as terrazas,  manter limpa a zona e, á vez, minimizar a erosión neste entorno. Hoxe damos por finado este traballo e a partir de hoxe nos centraremos na entrada posterior, que corre o perigo de derrube cando as choivas sexan intensas.
Durante o inverno son numerosos os insectos que buscan proteción nas fendas das árbores e que, chegada a primavera, serán os seus depredadores. Para evitar iso nada mellor que protexelos pintando os troncos cunha mestura que, á vez que desinfecta, alimenta á árbore. O resultado será espectacular na primaveira cunha árbore máis saneada. Antes de aplicala convén limpar de musgos e líques cun cepillo de porcas, A formúla que utilizamos é a coñecida como de Lust, e a podedes consultar no noso apartado de tratamentos.

O numeroso grupo de voluntariado necesitou dun día de traballo intenso para desmontar os destrozos dos invernadeiros da zona media, que quedaron reducidos á nada. Esta fase está terminada grazas á súa labor e agora xa estamos argallando a reconstrución. Vai ser lixeiramente diferente xa que é bo analizar os erros cometidos para seguir aprendendo de face ao futuro. Teremos que pensar en infraestructuras capaces de soportar ventos superiores aos 129 qm/hora.

Tivemos que convocar unha xornada de voluntariado para dar comezo á reconstrución dos destrozos causado polo recente temporal. A forza do vento queda de manifesto nestes soportes dobrados, malia os bos anclajes. Xa estamos planificando a reconstrución máis reforzada e coa instalación dunha barreira cortaventos para intentar minimizar danos no futuro.



A ilusión pode máis que as forzas así que estamos dispostos a terminar pronto o noso primeiro tramo de estrada para o acceso á parte posterior. Hoxe iniciamos o primeiro enlace dos dous que ensamblarán as placas xa construídas. Únicamente queda colocar o mallazo e hormigonar. Unhas tres horas de traballo que faremos entre dúas persoas.


 
Ao final da mañá quedou finado o terceiro tramo e agora xa non nos preocupa a chuvia. Foi un grande paso adiante e, contemplalo, unha satisfación que nos recompensa polo desastre sufrido nos invernadeiros.

A pesares da friaxe matutina, e de ser un día de diario, quixemos aproveitar esta breve tregua climatolóxica para seguir construíndo o aceso posterior. Juan brindouse a axudar e, dende cedo puxémonos ao choio, cun ollo posto no ceo, porque de cando en vez ameazaba choiva, pero confiados en que esta vez a sorte estaría do noso lado.
 
Aos poucos iamos encargando arcos para conformar a estrutura dos nosos invernadeiros e estabamos moi satisfeitos de crear un grande espazo mediante a unión de varios túneis. Agora son un amasixo de ferros que tentaremos reciclar para outros usos porque este invernadeiro quedou definitivamente destruído.
 
A dureza da tormenta queda patente neste invernadeiro, que soportara fortes ventos sen alterarse, e que se dobregou ante o envite dos ventos do sur. Ter en conta que estes invernadeiros son de maia, non de plástico, o que minimiza o efecto vela do plástico.

As durísimas tormentas destes dias danáronnos seriamente. Os invernadeiros da zona media foron arrasados polos ventos furacanados que os castigaron. A imaxe dá boa proba diso pero, o peor, é o que non se vé: o traballo de numerosos voluntarios e as plantas que este ano esperabamos ter para a nosa feira de abril e que, literalmente, desapareceron. Haberá que volver empezar.
 
O xerminador ata agora estaba infrautilizado pola dificultade para colocar as bandexas. Decidímonos a construír unhas estanterías coas medidas axeitadas para poder tratar simultáneamente 30 bandexas. Así optimizamos os recursos.
Con esta instalación rematada esperamos poder acometer a produción de plantón, algo polo que traballabamos. Ademáis esta instalación vainos a permitir ter o plantón na época axeitada xa que, ata agora coa friaxe exterior, sempre iamos atrasados co problema de maduración das sementes antes do inverno.

Coa axuda de Julio preparamos nosa segunda placa das que constituirán o novo aceso. Neste caso optamos pola cor vermella, por similitude co da terraza máis próxima.
A nosa idea é romper a monotonía da cor gris do cemento e iremos construíndo placas de 2,5 x 2,5 metros, variando a cor.
A eleción deste tamaño obedece ao tamaño estandar das táboas de encofrado e aos medios de que dispoñemos e que nos impiden acometer unha obra grande na súa totalidade.
 
Comezamos unha grande obra. A subida dende a estrada ás terrazas e invernadeiros. Sabemos que nos levará moito tempo, xa que o faremos por tramos de 2,5 metros. Hoxe rematamos, con axuda de Xoan e Julio, o primeiro. Foi moi importante xa que nos permitiu aprender moitas cousas, como o tempo que nos levaría, o custo, como organizarnos, ..... e si seriamos capaces de afrontar este traballo. Quedamos satisfeitos.
Os tramos son de 2,5 metros porque é o tamaño estándar das táboas de encofrado e non temos a práctica suficiente para andar facendo encofrados maiores. Por outra banda este tamaño é asumible para os nosos medios, en canto ao volumen de hormigón.
Cada placa leva un mallazo, que reciclamos dos que utilizaramos nos antigos invernaderos, e unha mestura de 1 parte de cemento, por dúas de area e tres de gravilla. Ademáis engadímoslle fibra de polietileno, para darlle maior consistencia.
A capa superior incorpora un colorante, para que se integre mellor coa contorna. 

Esta construción é unha dobre cámara de xerminación e crecemento. A da esquerda é a cámara de xerminación dotada de control de temperatura, humidade e circulación de aire. Na súa parte esquerda obsérvase un cubo que conectamos, por un sistema de vasos comunicantes, co interior para non ter que abrir a cámara para reencher de auga.
O aire humedecido pasa á segunda cámara, a de crecemento, dotada dun sistema de iluminación e circulación de aire, que favorece o desenrolo das plantas. Por agora pechámola con esas láminas de aluminio, utilizadas en urxencias para manter ás persoas con calor, á espera de poder substituílas por unha pechadura máis consistente.
O sistema de tuneis de maia antitrips sorprendeunos ca súa altísima productividade, o que nos orixinou algúns problemas, pois algunhas plantas ocupaban máis espazo do previsto, espallándose polos corredores.
Antes utilizabamos un sistema de abrir e cerrar os laterais dos tuneis suxeitándoos con imans. Ía ben, pero dábanos moito traballo cada vez que queriamos realizar algunha pequena intervención.
Estes dous problemas anteriores solucionámolos unindo os tuneis nun único invernadeiro que realizamos sobre a estrutura anterior.
  As instalacións da Fundación van crecendo cada día, aos poucos, segundo as dispoñibilidades económicas. Como consecuencia dese crecemento temos un pequeno problema de acceso que tentamos resolver abrindo unha pista ao final das zonas de cultivo e que servirá, ademais, para enlazar esta parte de cultivos coas novas ampliacións.
Nunca fixemos este traballo e pensamos facelo por tramos, para axustalos aos nosos medios. Hoxe comezamos por realizar un pequeno e sinxelo encofrado que, ao ir baixo nivel do terreo, non precisa ser moi forte, xa que a propia terra suxéitao. Cris e Julio axudaron neste plantexamento inicial.

Os invernadeiros contruidos con mallazo e plástico déronnos bastantes problemas. Por unha banda eran flexibles e co forte vento de Leboso oscilaban demasiado. Doutra banda a auga que escurría polo plástico, en caso de choiva, encharcaba a propia cimentación. A iso engadimos que, ao ser baixos nos laterais debido á curvatura, se nos dificultaba o traballo nunha boa parte do invernadeiro impedíndonos cultivar determinadas especies.
Estabamos decididos a modificalos cando a ocasión presentóusenos irrenunciable; un durísimo vendaval esnaquizounos os invernadeiros, axudado polo efecto vela do plástico.
Aí naceu a idea de substituír o plástico por maia antitrips. Non ten o efecto vela e permite o paso da choiva, e á vez crea un clima moi especial sen os problemas que todos coñecemos dos invernadeiros de plástico. Na imaxe Xabi contempla como Xoan está desmontando a base dun destes xa obsoletos invernadeiros.
 

Na Fundación temos deseñado un sistema de depuración de augas por lagunaxe, a través de tres balsas con plantas. Como polo de agora non podemos asumir o custo do sistema decidimos, por razóns fundamentalmente estéticas, impermeabilizalas temporalmente con plástico. Primeiro utilizamos plástico transparente, reciclando restos de invernadeiro pero, como deixaba pasar a luz, as plantas dos bordos eran un problema. Agora tentámolo de novo, provisionalmente, con plástico negro. Este, aínda que pola súa debilidade picarase, permitiranos ter o estanque máis ou menos cheo. É unha solución provisional a espera de ter recursos económicos para por caucho butilo que será a solución definitiva.


Ao pé do secadeiro e salvando o desnivel sobre a chanura inferior quedou un pequeno espazo que, ata agora era un barrizal. Acabamos de cementalo e cremos que vai ser un lugar de descanso moi agradable. De momento plantamos unha vide para que, co tempo, vaia creando un emparrado que lle dea sombra. A idea é poñer ademais un par de bancos para crear un ambiente agradable. Ademáis esta pequena obra da máis seguridade a cimentación do secadeiro que coa terra descuberta podería verse erosionada.
Non todo vai ser traballar...


 

Os arredores do secadeiro, agora despexado, locen amplos. Pouco a pouco irémolo alegrando con plantas e flores.

 
Conseguimos acabar a parte baixa do secadeiro. Agora estamos máis tranquilos xa que queda asegurada a súa cimentación. Este pequeno "mirador" será un lugar preferido para moitos xa que máis adiante o completaremos con un par de bancos e unha  parra.
 
O centeo sae con forza aproveitando a calor destas primeiras datas do ano.
 
As escaleiras do medio, agora revestidas, presentan este novo aspecto. Repusimos o buxo que non prendera e agora e esperar. En poucos anos lucirá fermosa.
 
Arrancamos o ano rematando a cámara de secado e as novas terrazas de cultivo. Cada unha dun color evitando a fealdade do cemento e buscando un ambiente agradable para o traballo agrícola que non ter por que estar asociado ao feismo.