2016 - O ANO DA FUNDACIÓN

 

Xusto a tempo estamos rematando de arranxar os tuneles que as fortes tormentas deixaran en moi mal estado. En poucos días, e dado que dispoñemos de cámara de xerminación, poderemos comezar a trasplantar ao exterior.

 

Rematamos a tempo o secadeiro para plantas e sementes. Agora toca darlle unha man de cor e poñelo en funcionamento. Unha instalación moi necesaria dada a nosa climatoloxía.

 

Fumata branca na Fundación. Polo paramento da cara norte asoma a chimenea da estufa de pelets que vimos de instalar e que fará máis agradable a estancia no edificio que, as veces , facíase moi duro cando pegaban forte as xeadas.

 

As escaleiras amosan o grosor da nevarada integrando todos os elementos baixo o protector manto blanco.

 

Resultounos un pouco complicado viaxar ata a Fundación. ¡Son os problemas das estradas secundarias!, pero mereceu a pena o esforzo. Así de fermosa lucía a cancela da entrada

 

Sorprendeunos a forte nevarada caida en Leboso. Máis de 20 cm. de neve que deixaron imaxes fermosas, seguramente anunciando a chegada dun bó ano. Xa sabedes ano de neves.....

 

Hoxe presentamos os primeiros "ladus". Uns nutritivos, e moi dixestivos doces, cos que iniciamos a produción dunha liña de complementos nutricionáis e de hixiene persoal que baixo criterios de Ayurveda, iremos elaborando coa intención, tanto de financiar o proxecto, como de contribuir a saúde en xeral.

 

Cris amósase satisfeita do traballo de consolidación dos taludes e que, ademáis, permanecerá limpo de herbas competidoras e deixará un espazo adicado a plantación de especies aromáticas

 

O reforzamento do paramento que soporta a presión das hortas superiores xa está a piques de rematarse. Agora que chova, pois xa non temos perigo de deslizamento pola presión da auga

 

 

A escaleira que leva as hortas superiores xa está a medio rematar. O circuito que rodea ó invernadoiro grande case que está ao completo.

 

 

Comezamos a construción dun novo espazo. Seguramente o mellor, pois ten unha terra de arrastre extraordinaria e atópase resgardado do frío vento de norte que por aquí pega duro.

 

 

Na anterior xornada de voluntariado empezamos a construír o muro sobre o que se asenta unha nova horta, ao sur de invernadero grande. Agora está acabado e só nos falta enchelo de terra.

 

 

A inacabada escaleira de acceso á parte alta está agora flanqueada por buxo. Xa nos estamos imaxinando un tupido seto enmarcando a escaleira.

 

 

Os noiros dábannos moita traballo pero agora coas mallas antihierbas poderemos enchelos de plantas aromáticas e case non darán traballo. Na parte inferior Cris está limpando as frambuesas e as moreiras.

 

 

Esta zona norte do invernadero grande estase transformando nun xardín. Aos poucos irá tomando forma. Hai moitas persoas que non acaban de entender que o rural ten, e pode ser fermoso para o que hai que coidalo.

 

 

Por iniciativa de Cris Barreiro, da Fundación, asinouse un convenio co Concello de Lalín para montar a primeira horta urbana municipal. Hoxe comezaron os labores de limpeza da parcela para quitar pedra, resto de obra,...

 

Estamos comezando a reconstruír os invernaderos da parte superior que, temporais con máis de 100 qm/hora destruíronnos. Agora estamos reforzando a estrutura e substituíndo o plástico por malla antitrips. Cada día aprendemos novas prácticas.

 

Xa estamos a piques de rematar o secadeiro de sementes e plantas. Hoxé estivemos a preparar a escaleira de acceso. En poucos días ímolo cubrir.

 


Comida co grupo de amigos que acudiu á primeira Xornada de Voluntariado deste ano.  O día foi de cine pois o sol acompañounos e permitiunos gozar do traballo e, moi especialmente, da compaña de xente extraordinaria. Únicamente unha nota triste. Felipe despediuse pois regresa  a Francia, ao seu país natal, por razóns de traballo. Quedou en volver pero, dalgún xeito, sempre estará nos nosos corazóns. ¡Grazas Felipe, e boa sorte!

 


A nosa cámara de secado vai tomando forma. Esperamos que nos resolva un importante problema de secado, tanto de plantas aromáticas como de sementes.

 


A cara sur do invernadoiro é moi sombría e desnivelada, polo que corría o perigo de transformarse nunha escombreira. Construímos unhas pequenas terrazas, cubrímolas de maia antiherbas e plantaremos hornamentales. Transformarase nun lugar moi agradable. Hai que coidar os detalles.

 


Illamento e selado de xuntas terminado. Agora poñerémonos coas portas e con todo o equipamento interior: ventilador, termostato con calefactor, humidificador, ... para que as plantas teñán as condicións óptimas.

 


Coa cámara de xerminación no seu sitio definitivo estamos traballando no illamento, fundamental para obter unha máximo rendemento e mínimo gastos. Leva catro capas illantes.

 


Recibimos o ano cunha climatoloxía moi alterada. Logo dun inverno caluroso e seco sorprendeunos un forte temporal cuxas consecuencias, sobre algúns tuneis sen acabar, queda patente na imaxe.

 


Por culpa, ou grazas ás intensas choivas, o pequeno río "Rega de Segón" ofrécenos o marabilloso espectáculo das súas tumultuosas augas. Esta paisaxe temos que conservala para goce de todos.

 


O muíño do primeiro término é un dos que durante o verán, estivo limpando o grupo de amigos italianos de Ramarro Sicilia. Grazas ao seu traballo agora podemos gozar de magníficas vistas do "Rega de Segón".

 


Os temporais de comezos deste ano viñeron acompañados de fortes choivas. O caudal dos ríos se incrementou notablemente. Esta imaxe é do pequeno río "Rega de Segón",  preto da Fundación.