2015 -  CARA A PROFESIONALIZACIÓN

 

A cara orte do invernadoiro grande non semella moi utilizable para a produción polo que temos que pensar anlgunha solución.
O futuro secadeiro de plantas e sementes, coa ventilación orientada ao sur, vai medrando según temos disponibilidades de tempo e económicas.

A base dá cámara de xerminación, e o muro posterior  listos para recibir a cámara de xerminación.

 

A malla antiherbas vainos permitir  sanear a zona norte do invernadoiro xa que, pola súa inclinación e sombra permanente non sirve para outra cousa. Faremos unha zona axardinada.

 

A cámara de xerminación a piques de ser rematada antes de colocala no seu sitio para proceder á colocación do aillamento. Cris remata para do muro que logo será moi inaccesible.

 

Cándido, o ferreiro de Soutelo de Montes, é unha grande axuda  tanto pola súa profesionalidade como pola disposición de axuda cara a Fundación. Hoxe está a montar a cámara de xerminación.

 

 

 Aproveitamos as podas las frambuesas para ir creando setos produtivos e cortaventos para protexer os túneles de cultivo,

 

Día fresco que se pronosticaba con intensas chuvias pero que finalmente nos brindou a oportunidade de traballar unhas horiñas. Unha vez máis o grupo que se foi consolidando remata outra xornada de voluntariado cun sorriso de satisfación e coa espera de volverse a xuntar novamente.

 

Xosé continúa a levantar o secadeiro de plantas que nos permitirá aumentar a produción de plantas e sementes do vindeiro ano, e facelo máis cómodamente.

 

Os homes do grupo en plena demostración de forza, trasladando o material de obra.

 

Para tensar as cordas que suxeitan a maia reciclamos uns ganchos de remolque e tiras de caucho procedentes de neumáticos de tractor.

 

Para manter os laterais abertos, e traballar no interior, suxetamos a maia contra a estrutura metálica por medio dunhos discos imantados. Sistema cómodo, rápido e moi eficaz.

 

Sistema de suxeición da maia composto dunhas pezas metálicas e outras plásticas que manteñen firme a maia frente os fortes ventos.

 

Despois de estudar varias opcións para protexer os cultivos das condicións adversas, chegamos á estes tuneis feitos con maia antitrips, que aguanta temporais e fríos, e permite ás plantas medrar máis do dobre en comparación coas que están no exterior. Aberto é doado de traballar.

 

 

Xa case temos rematada a zona de compostaxe. Vai sobre malla antiherbas que permite o drenaxe e minimiza a presenza de ratos e herbas competidoras que, habitualmente, fannos perden moito tempo.

 

 

A gabia está preparada para iniciar un novo muro que suxetará a terra dunha nova terraza de cultivo. A ver si o tempo acompáñanos e podémola rematar antes de que veñan as choivas.

 

 

 

A pesar das predicións meteorolóxicas, o tempo foi o noso aliado e puidemos disfrutar de poder traballar no exterior. Jose e Antonio adicaron os seus esforzos a limpar e alisar a zona de compostaxe mentras que Ofelia e Elena deixaron relucintes as zonas entre os bancais.

 

Xabi e Felipe andiveron a reparar o cierre da finca que a pala estragou cando veu a mover a terra do camiño que comunica os invernadeiros e as terrazas de cultivo.   

 

Como é habitual os sorrisos son os símbolos do día do voluntariado. Os nosos participantes van consolidando lazos e amizade que superan os límites da Fundación.

Esta pequena familia segue crecendo...

 

Esta xornada de voluntariado está chea de sorpresas...

Leboso recibiu hoxe catro novas persoas con moitas ganas de axudar e que puxeron todo o seu empeño en sacar adiante algunhas tarefas. Nesta imaxe, Xulio e Raúl preparan unha gabia que servirá de apoio para un novo muro que separará unha nova zona de horta.

 

Hoxe contratamos a unha pala para que continúe arranxando o acceso á ampliación que estamos realizando en dirección sur, onde irán as casas de terra, unha vez que remate a concentración parcelaria. Este camiño tamén facilita o acceso aos invernadoiros e terrazas de cultivo.

 

 

 
Presentación pública, en Lalín, do proxecto da primeira horta urbana municipal. Unha magnífica idea de Cristina Barreiro, da FGV, que desde o primeiro momento contou co apoio da corporación municipal. Presidiu a presentación o alcalde Rafael Cuíña.

 

 Terminamos o muro de contención de parede oeste do invernadoiro que ameazaba con esborrallarse pola forte presión da terra sobre as balas de palla.

 

 Estamos comezando a producir Kalanchoe, unha planta de extraodinarias propiedades anticancerígenas. A súa reprodución é moi curiosa; o bordo das follas énchense de pequenas plántulas que ao caer ao chan enraizan.

 

 

 Este é unhs das canles de abastecemento de auga ao terceiro muiño. Estaba prácticamente taponado e quedou en perfecto estado. ¡Gran traballo o realizado polo italianos de Ramarro Sicilia!

 

 Cea de confraternización entre miembros do grupo italiano e persoal da Fundación, coa presenza de Tucho, por parte do Concello, que fixo as veces de condutor malia atoparse disfrutando das súas vacacións. ¡Grazas Tucho!

 

 Estes días recibimos a visita de voluntarios da asociación italiana Ramarro Sicilia, que se desprazaron a Galicia para colaborar na restauración dunha ruta de muiños, na zona de Leboso. Na foto parte do grupo italiano, xunto con Cris, á entrada da ruta dos muiños que comezaron a recuperar.

 

 Nova zona de cultivo na parte superior da zona de sombreo. Acabámola recubríndoa dunha grosa capa de compost.

 

Mentres Xullo descansa do durísimo traballo de allanar a nova superficie de cultivo, Crís acaba de limpar a superficie creada.

 

 

Nesta nova xornada de voluntariado contamos co apoio de persoas como Felipe, que non se arredran ante ningunha dificultade. Aquí vémolo no medio da maleza iniciando a recuperación de novas terras para o cultivo.

 

Hoxe comezamos ca base do muro de contención do invernadoiro de palla. O que fixemos foi eliminar todas as pacas pois a forza da auga e da terra fixeron que se desplazaran hacia dentro. O obxectivo agora é crear unha estructura de hormigón e pedra para sustentar todo o peso das hortas da parte media. Se vos fixades tamén integramos uns tubos para recoller o exceso de auga filtrada.

 

Unha nova zona de cultivo está a piques de rematarse... mentras imos avanzando co recheo de compost para sementar nesta zona, Cris, afianza o teito de malla da zona de sombreo con costura e bridas para o aguante dos temporais.

 

 

Os fresóns de Leboso son coñecidos por toda a nosa xeografía. E non é de estranar pois o resultado salta a vista...

 

 

Detalle da zona de sombreo e explanada contigua. Ó fondo, comezando os traballos de limpeza e desbroce dos novos metros de terreo.

 

Bonita panorámica da Fundación dende os límites do que se expandirán os terreos unha vez que remate a concentración parcelaria.

 

Remodelamos a zona de compostaxe incorporando no chan maia antiherbas para trasladar o antigo compost e ir preparando liñas novas de materia orgánica.

 

Un dos traballos que máis tempo nos resta é a limpeza de herbas polo que pouco a pouco iremos cubrindo os pasillos das zonas de cultivo con maia antiherbas. Na imaxe, a zona de tuneis da parte media con este sistema.

 

Un gran momento de felicidade... A primeira liña de bloques do secadeiro rematada... Xa queda menos para dispoñer desta construción, imprescindible na Fundación.

 

A cociña da Fundación en plena remodelación, colocando un chan plástico. Non é o que máis nos gusta pero nos concederon rexistro sanitario e ter un chan deste tipo era imprescindible.

 

Zona de sombreo rematada e a escaleira facendo apetecibleo paso á zona superior. Os detractores da pintura agora dannos a razón. Hai que embelecer as explotacións rurais.

 

 

¡Moita terra hai que mover! . A que sobra nun falta noutro. Así que carretilla, trás carretilla, imos levando terra para xuntar a zona de sombreo co secadeiro.

 

 

Para amortiguar a forte calor no invernadoiro grande estamos a probar algúns sistemas de sombreo que, pouco a pouco iremos perfeccionando.

 

Xa están a rematar a concentración parcelaria e, dende esta perspectiva, vemos ata onde chega a nosa parcela, gracias as leiras que mercamos noutros lugares.

 

 

Hoxe e o día mundial do ioga e, en Sanxenxo, tivo lugar una gran reunión no hotel Carlos I Silgar, a que fumos invitados e na que Enrique impartiu unha charla sobre o Ayurveda.

 

 

Estamos a rematar a zona de sombreo, protexendo o chan de herbas, e pechado os lateráis para  amortiguar os fortes ventos.

 

 

Moncho regalounos varios remolques de esterco ecolóxico de ovellas, e tivemos que ir a recollelo á corte. 

 

Aquí vemos en detalle a base do secadeiros de sementes. Pouco a pouco imos gañanado espazo ao monte.

 

Nesta imaxe temos no primeiro termo a zona de sombreo e, no fondo, a base do secadeiro de sementes.

 

 Os túneles de malla resultaron altamente eficaces e as plantas no seu interior progresan como si estiveramos noutra climatoloxía. Cris está a entutorar os chícharos que medran espectacularmente.

 

 

Andamos a mover as cousas dun lado para outro para seguir avanzando. Esto vai tomando un bo aspecto.

 

Unha boa capa de pedra miuda, recollida por toda a parcela, facilita o drenaxe na parte superior de muro da zona de sombreo e lle quita presión das augas.

 

A zona de sombreo ante a porta do invernadoiro. Ainda queda traballo pero xa promete.

 

Fronte a zona de sombreo estamos creando a base para a instalación dun secadeiro de sementes que dende fai anos estamos desexando ter para facilitar e mellorar o noso traballo.

 

Cándido. o ferreiro de Soutelo, gran colaborador da Fundación, acudíu a montar a estrutura da zona de sombreo. Eso xa é cousa de profesionais, para poder facelo de corrido e no eternizarnos.

 

Perspectiva onde se observan os avances que imos realizando: as hortiñas xa están en produción, e os túneles do medio coa malla posta van recibir as primeiras plantas.

 

 

O inverno foi moi duro. Os temporaís con ventos de máis de 100 qm/hora destrozaron os invernadoiros da parte alta. Estamos a preparalos máis resistentes, con cimentación.

 

 

A que este curruncho pedía unha ecaleira?, Pois hai vai medrando día a día, abrindo novas perspectivas, e comunicando as diferentes terrazas.

 

Hoxe estamos de celebración na Fundación... o presidente fundador está de parabéns... Todo un símbolo de loita, persistencia, paciencia e todo un exemplo a seguir de cara a lograr ese mundo mellor que tod@s ansiamos. 

 

Uxía é a socia máis pequena da nosa Fundación e unha amante do proxecto. 

 

Un día soleado coma este nos permitiu disfrutar desta nova xornada de voluntariado, e aproveitar  para darlle un forte pulo á colocación de mallas.

 

Unha cousa leva a outra e mentres rematamos o muro da zona de sombreo xa comenza a xurdir a escaleira de acceso a parte superior.

 

 

A feira estivo moi concurrida e nela amosamos unha mostra dos produtos  da nosa tenda "on line", Namaskar, ademáis de sementes, platón, .... 

 

Posto da Fundación na concurrida feira de Vilatuxe. Unha maneira de chegar a máis xente para que coñezan o que estamos a facer.

  

 

Colocación de malla no primeiro dos bancales, neste caso antitrips.

 

E mentres rematamos o muro da zona de sombreo preparamos o acceso ao invernadoiro para que todo estea máis limpo.

 

 

Tamén as hortiñas reciben as primeiras plantacións. Este primeiro ano non lle prestaremos moita atención  poia terra está moi desestructurada. Será un ano de transición. 

 

Sementando as patacas no montón de compost. Dúas funcións ao mesmo tempo: compostaxe e produción de patacas. Hai que aproveitar espazo e recursos. 

 

 

Estamos a preparar un novo bancal para a preparación do compost e que, aproveitaremos para sementar as patacas, xa que lles gusta oa materia  orgánica en descomposición e o esterco.

 

As maceiras  mostran a beleza das súas frores.

 

 

As alcachofas  lucen fermosas a pesar do frío. Están ben adaptadas a esta climatoloxía.

 

Os arcos preparados para os túneles. Tamén comenzamos a encher o estanque do medio de auga, previa colocación dun plástico. Non é a mellor solución pero si a máis económica.

 

Sen ter que limpar as herbas do invernadoiro adicamos o tempo a preparar os amorodos que, con menos traballo, lucen fermosos.

 

O muro vai tomado altura. Xa temos que ir pesando na parte superior, no acceso, na rega.... unha cousa leva a outra. 

 

Agora todo vai máis rápido pero temos que ter en conta deixar uns tubos de drenaxe e, na parte interior para facilitalo, colocar unha boa capa de pedra ou gravilla.

 

Cimentación rematada. Dounos traballo pero queda segura. Nela van uns ferros  para intercalar unhas columnas no medio do muro e darlle máis consistencia.

 

 

Cris está a planificar as hortiñas que, polo de agora, nutrimos cunha boa cantidade de compost.

 

 

Comenzamos a cimentación do muro que vainos permitir crear, abaixo a zona de sombreo, e arriba unha terraza de cultivo. É a maneira de aproveitar este terreo con tanta pendente.

 

Hortas e tuneles, o futuro da produción nestas elevadas e frías terras de Leboso.

 

 

Comenzamos a segunda fase de acondicionamento dos bancales superiores instalando arcos para a colocación das mallas.

 

 

As aportacións dos voluntarios fan medrar rápidamente  as pequenas hortas. Sen a súa valiosísima aportación teríamos que deixalas para máis adiante, por falte de tempo, que non de gañas.

 

Este é o primeiro día de voluntariado do noso amigo Felipe,... Non se arredrou e tirouse a limpar o estanque máis profundo dos tres que configurarán a depuradora con plantas

 

Bancales elevado e pintados. Eses 30 cm de maior altura van recheos de compost e cumplirán a doble función de facilitarnos o traballo e deixar maior profundidade para as raíces.

 

Aproveitando que o invernadoiro grande vai soterrado aproveitamos a parte  que da cara  ao monte para crear pequenas hortas que ampliaran a nosa capacidade produtiva.

 

 

A estética nos está reñida coa funcionalidade dos bancales. Algúns no entenden que adiquemos certo tempo, e medios, a pintalos pero a nós gústanos traballar nunha contorna agradable.

 

 

Xa elevados os bancales superiores  colocamos malla antiherbas nos pasillos e procedemos a colorar unha cobertura de follas de carballo, para protexer a terra.

 

 

Chegaron as fortes xeadas que mesmo deixan o estanque como unha pista de patinaxe. Os túneles de malla, como o do fondo, demostran ser moi eficaces.

 

 

Dias fríos e chuviosos a fianais de xaneiro, pero unha época que hai que aproveitar para preparar a vindeira primavera. Hai moitas labores de mantemento e de preparación.

 

O invernadoiro, coa protección antiberbas, vainos facilitar moito o traballo minimizando as labores de mantemento.

 

Imos preparar unha zona de sombreo, para á aclimatación das plantas ao exterior e levantar un muro de contención da escorrentía das augas e que nos permita o aterrazamento do terreo.

 

Agora a herba xa medra pouco pero, ainda así, tivemos que cortala para sanear a terra e que chegue en boas condicións a primavera.

 

Estamos metidos de cheo na remodelación das bancais. Empezamos polos da parte superior e xa temos tres. Unha vez que rematemos quédannos por montar os túneles e a rega automática.