O ANO DE COMEZO

 

Estivemos en Leboso, visitando as ruínas da vella escola. A súa estrutura evidencia que debeu ser algo importante. Foi realizada con doazóns dos emigrantes que marcharon á Arxentina, e máis concretamente ao Mar del Plata. Gustounos e, mália carecermos de medios económicos, decidimos aceptar a doazón que, por 20 anos, nos fai o Concello de Forcarei por boca do seu alcalde, David Raposeiras.

2003 é o ano no que esperamos poder comezar as obras, de momento con voluntariado.

 

   

28
Out

Neste estado de abandono atópase a Escola de Leboso a finais do outono. A beleza das cores non abonda para ocultar o seu estado ruinoso.

28
Nov

A maleza que rodea a escola dificulta o acceso á mesma. Haberá que desbrozar o contorno para podela contemplar na súa totalidade.

6
Dec

Fachada da antigua Escola de Leboso. Data do ano 1928 e foi construída por emigrantes ao Mar del Plata, Arxentina. Limpamos a maleza que a rodeaba, e podemos observala en toda a súa grandiosidade.

6
Dec

O paso do tempo e unha restauración mal feita, cargando un peso excesivo sobre a cuberta, así como a falta de uso, deron lugar á derruba de parte da cuberta.

6
Dec

O interior, visto desde a planta alta, presentaba este perigoso aspecto. Podería derrubarse en calquera momento, polo que unha das nosas prioridades era proceder a baleiralo totalmente, xa que estaba inutilizable e constituía un perigo.

8
Dec

Cara norte. Coa cuberta medio caída e invadida de maleza por todas as partes, estaba a piques de entrar nun proceso de recuperación irreversible.

25
Dec

A pesar da data, hoxe veu a excavadora e empezou a preparar a contorna. Aproveitamos para eliminar socavóns e desniveis.