PARASITOS E FATIGA CRÓNICA


Ignacio Chamorro 3/12/2016


Hai xa un par de anos que o famoso Dr. M. Oz, ciruxano cardiotorácico americano falou sobre o tema dos parasitos en humáns de forma contundente no seu programa de televisión. O feito de que o médico favorito da televisión americana chame a atención sobre o tema dos parasitos sorprendeume gratamente.
Nunha das súas grabacións vincula aos parasitos, con fatíga crónica, ademáis doutras dolencias.
O Dr. Robynne Chutkan un reputado gastroenterólogo, sinala que segundo un estudo realizado, atoparon un tipo de parasito denominado Giardia Lamblia no 46% de todos os pacientes diagnosticados con síndrome de fatiga crónica.
O Dr.Chutkan tamén mencionaba que segundo a súa investigación, entre o 20-30% dos traballadores dun centro de día analizado estaban infectados con Giardia, ademáis de fatíga crónica (como ben sabemos polos libros da Dr. Hulda Clark), os parasitos poden causar outra serie de problemas de saúde como anemia, mareos, dor na
articulacións, urticaria, patoloxías autoinmunes, etc.



Todas estas relacións entre parasitos e enfermidades pódense atopar nos libros da Dra. Clark, nos que podemos ver como patoloxías de todo tipo ata as máis graves
como o cancro están directamente relacionadas cos parasitos no noso organismo. A maioría de pacientes que son diagnosticados de "intestino irritable", teñen parasitos neste (e recorde que estes parasitos poden atravesar a parede intestinal e moverse por todo o corpo). Estas persoas sufrirán todo tipo de problemas dixestivos e gran cantidade de intolerancias alimenticias, que son unha consecuencia indirecta da infección parasitaria e a síndrome do intestino permeable.

O intestino permeable e a presenza de patóxenos poden á súa vez derivar nunha ou varias patoloxías autoinmunes, pero este tema abordarémolo noutro artigo. Quizáis o que máis nos importa é que o público en xeral coñeza a relación descuberta (e detallada nos seus libros) pola Dra. Clark entre os parasitos e o cancro. Segundo os seus
descubrimentos os parasitos sempre están presentes na formación e desenvolvemento de todos os cancros. Cando publicou estes achados en 1993, que foron confirmados polos éxitos logrados cos seus pacientes, foi amplamente ridiculizada pola mediciña oficial. E aínda que esta mediciña ortodoxa aínda está lonxe de aceptar os descubrimentos feitos pola Dra. Clark, agora xa hai varios estudos que vinculan a parasitos con certos tipos de cancro, véxase por exemplo: http.//www.cancer.org/cancer/cancercauses/othercarcinogens/


Un caso especialmente interesante foi publicado hai menos dun ano, nel, unha persoa desenvolveu un cancro que comezou a partir das células cancerosas dun parasito, é dicir que o parasito que infectaba ao paciente tiña cancro e as células cancerosas do parasito converteron o corpo do paciente no seu campo de cultivo e comezaron a crecer e a esparcirse.


Doutra banda é sorprendente que os parasitos suxeríronse por certos sectores da mediciña como "remedios" para as alerxias, pero si vostede le os libros da
Dra. Clark vostede entenderá que non hai parasitos beneficiosos, e o máis acertado é eliminalos do noso organismo. Pola contra sabemos que si hai bacterias beneficiosas nos nosos intestinos, a nosa pel, membranas mucosas e outros lugares do corpo, e tamén se sospeita que hai virus que poderían ser beneficiosos, pero o que debemos afirmar con rotundidade é que non hai parasitos que poidan ser beneficiosos para os seres humáns.


En resumo: o máis adecuado en relación aos parasitos é desfacernos deles, os nosos intestinos, cerebro e o resto de órganos agradeceránnolo.
Para rematar debemos saber que o maior problema con respecto aos parasitos é a súa detección por parte da mediciña clásica, xa que en primeiro lugar adoitan estar adheridos aos nosos tecidos e non na circulación sanguínea. Doutra banda son na súa maioría demasiado brandos e pequenos como para aparecer nun escáner. Si é certo que ás veces poden aparecer nun exame de feces, pero só cando os parasitos atópanse no colon e debemos saber que unha parasitose pode presentarse en calquera órgano como a Dra. Clark describe nos seus libros.


Como eliminar os parasitos?

Dende a nosa perspectiva da Terapia Clark, a mellor forma de desparasitarnos é realizar o Protocolo Clark de Limpeza Intestinal.
No que a través de herbas e outros suplementos, á vez que nos desfacemos de parasitos, tamén eliminamos a suciedade almacenada nos intestinos que está xerando un terreo ideal para o desenvolvemento destes. Ademáis, coa limpeza intestinal combátense máis patóxenos que co programa desparasitante clásico grazas á cúrcuma, o fiuncho, o aceite de ourego e outros suplementos que nos axudan a eliminar tamén bacterias patóxenas e fungos.