TERAPIA CLARK
Doutora Hulda Clark

Vivimos uns tempos nos que as todopoderosas industrias químico farmacéuticas impóñennos unha xestión da enfermidade baseada nos efectos que estas provocan nos nosos organismos.

Todo arrinca, como cito na introdución do apartado SAÚDE, pola xestión que se realizou da polémica entre dous investigadores: Louis Pasteur e Antoine Béchamp, e que evidentemente favorece os interéses químico farmacéuticos en detrimento dos intereses do paciente.

A doutora Clark, doutora en biología e fisiología, graduada en xenética e premio ao mellor científico do ano 1999 pola Academia de Novas Ciencias de Colorado, dedicou toda a súa vida a estudar as causas da enfermidade.

Un dos seus descubrimentos máis importante é o de poñer de manifesto a eficiencia da electricidade para matar virus, bacterias e parásitos. As súas investigacións levárona a afirmar que na gran maioría das enfermidades había sempre dous factores presentes: tóxicos e/ou parásitos. Os primeiros se eliminarían con electricidade e os segundos con tratamentos herbales.

Entendedes agora porqué hai tantos intereses en desprestigiarla ?

E con todo a medicina pasa caladiña por estes aspectos, facendo da enfermidade o seu negocio.

A doutora Clark afirmaba, e así o demostrou, que calquera frecuencia positiva de saída mata a todas as bacterias, virus e parásitos simultáneamente. Pero algúns parásitos poden esconderse, por exemplo, dentro das pedras vesiculares reinfeccionando o noso organismo e faise necesario complementar este tratamento con tratamentos herbales.

Ninguén discute a presenza masiva de parásitos no noso organismo e a dificultade para liberarnos deles, pero ¡que dicir dos contaminantes! (recoñecidos, ou non).

A doutora Clark realizou unha importante achega que nos permitirá controlar mellor nosa saúde e entender o por qué de numerosas enfermidades tratadas, pouco menos que, como crónicas, obrigándonos a depender da inxesta de medicamentos para sempre.

Enrique Banet é terapeuta diplomado polo instituto Clark, discípulo de Ignacio Chamorro, quen foi discípulo directo da doctora Clark. VER