RUTINAS DIARIAS

Defínese a rutina como o costume ou hábito adquirido de facer algo dun modo determinado, que non require ter que reflexionar ou decidir.


Na nosa vida diaria son numerosas os costumes que repetimos unha e outra vez, porque as aprendemos de pequenos, ou porque nolas ensinaron, e de cando en cando parámonos a pensar se son, ou non adecuadas, ás circunstancias actuais. Os tempos cambian e hai que xerar novas rutinas adatadas a eles.


Pensar nas vosas rutinas: dieta, exercicio, hixiene,.. e rapidamente darédesvos conta de que é necesario adaptalas. Con algunhas xa o fixemos pero outras agardan o cambio; por exemplo cada día somos máis sedentarios, vivimos en casas máis confortables, outros analizan por nós o que comemos,..


A saúde é algo persoal, de cada ser, e debemos responsabilizarnos dela entendéndoa e atendéndoa.


Nesta sección imos ir incluíndo diversas rutinas diarias cuxo obxectivo é axudarche a manter un agradable estado de saúde, previndo as enfermidades. Leas e, se o consideras necesario, engádeas ás túas rutinas, para que formen parte da túa vida.