NUTRICIÓN

Aínda que as palabras alimentación e nutrición parecen significar o mesmo existen notables diferenzas entre elas, a pesar de que están intimamente relacionadas.

Primeiro é a alimentación, ese acto voluntario de inxerir alimentos cando temos fame, e que frecuentemente rodeamos dunha posta en escena desmesurada, con programas de radio ou TV,...


Consecuencia da inxesta de alimentos terá lugar a nutrición que é o proceso mediante o cal o noso organismo absorbe aqueles nutrintes que precisa para a vida: proteínas, vitaminas,...

Todos nos damos conta que o importante é o segundo, a nutrición. Pero moi a pesar diso antepoñemos o gusto aos sentidos, a sentirnos verdadeiramente nutridos.

A mediciña Aiurveda defínenos como seres holísticos, é dicir formados por corpo físico, mente e corpo sutil. E debemos nutrirnos aos tres niveles e, cada un de nós, dunha forma diferente, porque todos somos distintos.


A nutrición holística ten que alimentar non só o corpo físico senón, ademais o sutil e a mente e iso supón que, como di o Aiurveda: "nutrirse é transformar en nós aquilo que non somos e que entra a través dos sentidos".


Guiándonos polo gusto, e tamén pola vista, seleccionamos os nosos alimentos, pero... Que pasa cos outros sentidos?. Tamén hai que nutrirse a través deles. Por iso afirmamos que a cultura é nutrición, como o é o cinema, a música, unha boa paisaxe,... ou unhas boas relacións sociais.


Nesta sección tentaremos tratar a nutrición holísticamente, como un fin para manternos en perfecto estado de saúde.