BIOELECTROGRAFÍAS

O proceso da enfermidade consta de numerosas etapas e, soamente nun estado de avanzado desenvolvemento, aparecen os síntomas. É entón cando acudimos ao médico, pero perdemos un tempo precioso e, o que podería haberse quedado en simples molestias, pasa á categoría de "enfermidade".

Si utilizásemos un espectrofotómetro, aparello utilizado en laboratorio para realizar análises químicas, poderiamos observar que a través da nosa pel son liberadas diferentes substancias químicas, baixo forma líquida ou gaseosa, como suor, urea, ... e ata feromonas.

Cada unha desas substancias exudadas ten o seu propio espectro, como pode observarse co espectrofotómetro.

É sobradamente coñecida a relación entre cada un do noso dedos e os diferentes órganos, circunstancia esta que foi moi utilizada desde antigo en medicinas tan prestixiosas como a chinesa ou a acupuntura.

A bioelectrografía pon de manifesto, a través da ionización sobre unha placa fotográfica, de diversas formas e cores que se corresponden con tanto con estados psicolóxicos, como clínicos.

Este método de análise permítenos, en numerosos casos, anticiparnos á aparición de síntomas, adiantándonos á enfermidade. Calquera persoa, ata aparentemente sa, presenta no seu organismo pequenas alteracións, como infeccións, inflamaciones, metais pesados, ... que poden estar na orixe de futuras enfermidades.

O que agora se eliminaría fácilmente, pasado o tempo pode transformarse nun serio problema de difícil solución.

Desde este punto de vista podemos utilizar a análise bioelectrográfico como diagnóstico preventivo, aínda que presenta máis aplicacións.
A bioelectrografía leva máis de 50 anos acaparando o interese dunha boa parte da Comunidade Científica Internacional.

Foi en Brasil onde o profesor Newton Milhomens iniciou as súas investigacións científicas, primeiro en Clínicas Psicolóxicas de Brasilia e posteriormente en varios Hospitais, onde continuou as súas investigacións no área médica.

En 1987 de funda IUMAB (International Union of Medical and Applied Bioelectrography), que é o máximo órgano mundial da Electrobiografía.
No Congreso 2000, celebrado na cidade de Curitiba declaráronse tres patróns como oficiais, a nivel mundial:

En Alemania o patrón Peter Mandel
En Brasil o patrón Newton Milhomens
En Rusia o patrón Konstantin Korotkov

 

Enrique Banet é titulado pola IUMAB, patrón Newton Milhomens, que actualmente se imparte na Univesidade, en Brasil.