Que é o pH?

Poderiamos dicir que o pH é un baremo ideado para medir o grado de acidez, ou de alcalinidade, dunha sustancia. O número de pH o que nos indica é a concentración de hidroxenións (H+) que hai nunha sustancia. Como estes hidroxenións son ións acedos, pois cantos máis existan máis aceda será a sustancia, e, cantos menos, pois máis alcalina.
Podemos debuxar unha escala e, si nun extremo colocamos o maior número de H+, que representarían a sustancia máis aceda, no oposto teriamos, o menos número de H+, é dicir a sustancia máis alcalina. Ácido é o contrario de alcalino.

Pois esta escala que acabamos de describir é a que se utiliza habitualmente, e vai numerada de 0 a 14.

O 0 representa as sustancias máis acedas (menor valor de pH) e no extremo oposto estaría o 14, que representa as sustancias máis alcalinas (valor de pH máis elevado). O punto medio, é dicir, o 7 corresponde ás sustancias neutras.

Resumindo, na nosa escala o tramo de 0 a 7, considérase que as sustancias teñen un pH acedo. O medio, o 7, é o neutro. E de 7 a 14 considérase que as sustancias teñen un pH alcalino. E cada sustancia é tanto máis aceda, ou máis alcalina, canto máis se aproxime ao seu extremo. Así unha sustancia de pH 5 será máis aceda que una de pH 6, pero menos cunha de pH 3. Unha de pH 9 será máis alcalina que outra de pH 8, pero menos cunha de pH 13.

As tiras de pH que nós imos utilizar consisten nuns papeliños impregnados dunha sustancia que, ao introducir no líquido que queiramos medir, cambia de cor. Na caixa onde veñen existe unha escala coloreada para compara coa cor da nosa tira. Canto máis vermello significa maior acidez, e canto máis azulado máis alcalino. Debaixo de cada cor vai un número que indica o valor do pH.
Estas tiras son similares ás utilizadas nas piscinas e que son sobradamente coñecidas. A diferenza entre os distintos tipos estriba, fundamentalmente, na precisión. Hai escalas que van de punto en punto, outras de décima en décima,...

Sabes que o pH do sangue é importantísimo para a nosa vida?  Pois efectivamente así é.

Quédate con esta afirmación: o pH óptimo do noso sangue debe oscilar entre 7,35 e 7,45. É dicir, ser lixeiramente alcalino. Pequenas variacións poden ser suficientes para facernos entrar en coma, ou falecer.

Dentro do noso corpo existen sustancias con diferentes pH, como o mollo gástrico (pH 1-1,5), suor (pH 5,5), fluído vaxinal (pH 4-4.9) e todos teñen a súa importancia e a súa razón de ser.

Quédate ademáis coa idea de que o pH do noso corpo é algo moi importante para manternos nun estado saudable e que o seu control resulta relativamente sinxelo.