A SAÚDE E O MÉDICO

Na Constitución da OMS defínese a saúde como "un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades". Esta definición, como adoita ser habitual en política, é un tanto ambigua posto que non nos indica que se entende como "completo benestar" e, cada persoa, ten un modo de vivir distinto. O médico debería ser a persoa que nos axudara a manter a nosa saúde.

No Ayurveda, que considera as persoas como seres holísticos (integrados por mente, corpo e espírito), entendemos a saúde como un estado de equilibrio.

Normalmente, non adoitamos preocuparnos pola saúde máis que cando a perdemos. Entón sí, e acudimos ao médico en busca de solucións máxicas que nos liberen das nosas doenzas. Buscamos eliminar eses efectos que interfiren na nosa cotianeidade e despreocupámonos de coñecer as causas deste desequilibrio,… ata que volve. E o médico, raramente, preocúpase polas causas, limitándose a aplicar uns protocolos para eliminar eses efectos que nos preocupan. Desaparecida, por exemplo, a dor, ímonos para a casa satisfeitos coa prescrición médica pero, por qué tiña dor? Iso non importa,… ata que volva, ou mesmo se cronifique.

Nas Facultades de Medicina o estudante aprende os síntomas das enfermidades e unha das súas labores será aprender a descubrilos, e aplicar uns protocolos preestablecidos. É moita a xente que non quere ir ao médico porque dí que vas cunha cousa e saes con varias.

Pero, de onde nace este interese case exclusivo pola sintomatoloxía?


Un pouco de historia

No século XIX, en Francia, tiveron lugar importantes descubrimentos científicos relacionados coa microbioloxía, que foron o punto de partida de importantes avances no desenvolvemento da medicina actual.

Deste panorama do século XIX fixámonos en dúas figuras contrapostas: Louis Pasteur e Antoine Béchamp.

Coñezámolos un pouco mellor:


Louis Pasteur

Foi un químico cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A él débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas. Polos seus traballos é considerado o pioneiro da microbioloxía moderna, iniciando a chamada «Idade de Ouro da Microbioloxía». Adoitamos pensar en Pasteur como un dos pais da microbioloxía.

Segundo a súa teoría xerminal das enfermidades infecciosas, toda enfermidade infecciosa ten a súa causa (etioloxía) nun ente vivo microscopico con capacidade para propagarse entre as persoas. Segundo esta teoría, as enfermidades débense á penetración no corpo humano de microorganismos patóxenos.

O apoio popular fixo posible a construción do Instituto Pasteur, que gozaría a partir de entón dun xustificado prestixio internacional.

En 1882 foi elixido membro da Academia Francesa.

As súas achegas cambiaron a forma de estudar as ciencias naturais e deron pé á creación de novos procedementos médicos, o estudo, a prevención de enfermidades, e o coidado da saúde.

Consciente da presenza de microorganismos na natureza, Pasteur emprendeu experimentos para facer fronte á cuestión da procedencia destes.

Xerábanse de forma espontánea nas substancias ou penetraban nelas dende o ámbito?

O traballo de Pasteur encantou á emerxente industria dos fármacos quen se formulou: "Se os xermes son atacantes externos que invaden o corpo, entón podemos desenvolver e comercializar un arsenal sen fin de armas coas cales matalos. Pero, se o dano ou desequilibrio do corpo orixina xermes, entón nós simplemente debemos restablecer o equilibrio para quitar as condicións das cales se alimentan os xermes".

Pasteur gozou de gran prestixio científico, relacionándose ata coa propia realeza, o que o fixo prácticamente intocable e ninguén ousou opoñerse aos seus postulados.


Antoine Béchamp,

Un dos máis grandes científicos de Francia, foi Profesor da Escola de Farmacia da Facultade de Ciencia en Estrasburgo, despois (1857-75) Profesor de Química Médica e Farmacia na Universidade de Montpelier, membro de moitas sociedades científicas, e Cabaleiro da Lexión de Honra. Os seus estudos cubrían a bioloxía, microbioloxía, a química e a patoloxía. O seu traballo foi documentado extensamente nos círculos científicos.

Era unha persoa modesta, sen a influencia científica de Pasteur, e sostiña que os microorganismos podían desenvolverse a través de varias formas dentro do seu ciclo de vida. Tamén descubriu que no sangue normalmente habitaban microbios, que él chamou microencimas, e que teñen un papel importante na fisioloxía. Estes microbios cambiaban de forma para adaptarse aos cambios do terreo e podían volverse patóxenos. Estes organismos son chamados xenericamente endobiontes. Para Bechamp esta era a principal causa da enfermidade; é dicir que a enfermidade vén de dentro como consecuencia dos cambios no terreo no que viven os microbios. Así pois a enfermidade como proceso biolóxico desenvólvese dependendo deste medio interno.

 


 Claude Bernard, entrou nesta discusión argumentando que o máis importante no proceso da enfermidade era o terreo do paciente. Os microbios cambian e desenvólvense como resultado de cambios neste terreo no cal viven. A enfermidade como proceso biolóxico desenvólvese dependendo deste medio interno. O aspecto determinante do terreo é o pH.



Pasteur e Bechamp

Pasteur, debido ás súas influencias e riqueza logrou ridiculizar a opinión de Bechamp, aínda que anos despois, no seu leito de morte, recoñeceu o traballo de Bechamp e dixo: "o xerme non é nada, o terreo é todo".

Pasteur desenvolveu a súa teoría do monomorfismo baseándose nos traballos de Antoine Bechamp, a quen plaxiou en numerosas ocasións, anticipándose en rexistrar como seu o que realmente descubrira Bechamp.

Pero as formulacións erróneas de Pasteur xa estaban a ser utilizadas pola industria farmacéutica: os antibióticos, as vacinas, as radiacións, as pandemias... etc. que chegaron ata nosos días, cun poder cada día máis potente sen que ninguén, dende a oficialidade, se atreva a cuestionalos. Hoxe en día prácticamente en todas as casas existen multitude de medicamentos para tratar as nosas doenzas e non debemos esquecer que baixo o nome de medicamento se esconden potentes velenos cuxa finalidade é matar virus, matar bacterias, matar fungos, matar células malignas,….

Dicía Rudolph Virchaw, pai da patoloxía: "Se volvese vivir, dedicaría a miña vida a probar que os xermes buscan o seu hábitat natural, tecido enfermo, en vez de ser a causa da enfermidade do tecido; ao igual que os pernilongos buscan a auga estancada, pero non son os causantes dos charcos estancados".

Estas son as principais diferenzas entre Pasteur e Béchamp

Teoría dos xermes de Pasteur
(é a que se ensina aos estudantes)
Teoría celular de Béchamp
(ignorada pola comunidade científica, en xeral)

1.A enfermidade xorde de microorganismos fóra do corpo

1.As enfermidades xorden a partir de microorganismos dentro das células do corpo

2.Polo xeral, debemos resgardarnos dos microorganismos

2.Estes microorganismos intracelulares normalmente funcionan para construír e axudar nos procesos metabólicos do corpo

3.A función dos microorganismos é constante

3.A función destes organismos cambia para axudar nos procesos catabólicos (desintegración) do organismo anfitrión cando este morre ou é danado, que pode ser tanto químico coma mecánico

4.As formas e cores dos microorganismos son constantes

4.Os microorganismos cambian as súas cores e formas para reflectir ao medio

5.Cada enfermidade asóciase a un microorganismo en particular

5.Cada enfermidade asóciase cunha condición particular

6.Os microorganismos son os axentes causantes primarios

6.Os microorganismos chegan a ser "patóxenos" mentres que a saúde do organismo do anfitrión se deteriora. Polo tanto, a condición do organismo anfitrión é o axente primario

7.A enfermidade pode atacar a calquera

7.A enfermidade constrúese a partir de condicións non saudables dentro da célula

8.Para previr a enfermidade debemos matar os microorganismos

8.Para previr a enfermidade debemos crear saúde

 

Na actualidade encontrámonos ante dous dilemas

1º- O da oficialidade, mantida polas multinacionais farmacéuticas e a investigación maioritaria, que ten como obxectivo a produción de velenos (coñecidos como medicamentos) cada vez máis potentes para matar virus, bacterias, hongos,….. e con importantes efectos secundarios.

2º- Ou decidir asumir a responsabilidade da nosa saúde, coidando as condicións do noso corpo, para evitar o desenvolvemento da enfermidade, controlando o pH, o osíxeno, os contaminantes e os parasitos.

A elección é de cada un de nós. Eu decántome, sen ningunha dúbida, pola segunda e que será a base para o desenvolvemento desta sección dedicada á saúde.

Remato esta introdución cunha cita:

"Todas as enfermidades son ácidas e onde hai osíxeno e alcalinidade non poden existir enfermidades, incluído o cancro"

Otto Warbüg, premio Nóbel de fisioloxía ou medicina no 1931