HELICÓPTEROS

Galicia, velaquí o fin da terra. Un bo canto para vivir dende que o home habitou a terra e un marabilloso lugar que os romanos elixiron para presenciar como o sol se somerxe cada día no mar. Dende que este pobo ten memoria, todas as xeracións, sós ou acompañados; seguimos asombrándonos dende La Guardia, pasando pola Lanzada ou a praia das Catedrais, ata Ribadeo, coas espectaculares e fermosas postas de sol (Fig. 1).


Figura 1

Pero, esta terra ten máis belezas naturais, moitas máis, e entre outras, unha extraordinaria rede de hidrográfica que non só engrandece a súa paisaxe, senón que foi a fonte na que beberon os nosos poetas e de hai a numerosas lendas. Así por exemplo, conta a tradición oral que personaxes mitolóxicos galegos habitaban na conca do río Miño, tales como feiticeiras que vivían no mesmo río, os Xarcos que moraban en pozos situados por toda a conca. Ou aquela outra que nos relata como se formou a Ribeira Sacra. Nesta, cóntase que foi o deus Júpiter quen creou o Miño xa que estaba namorado de Galicia. A súa esposa Juno, chea de celos, cravou a súa espada e formou unha profunda ferida creando así os canóns do Sil. Dende entón, a memoria do amor de Júpiter por Galicia, foise dispersando por todos os nosos ríos na forma destes extraordinarios insectos. Na literatura, e entre as múltiples definicións que Cunqueiro fixo de Galicia, destaca a de "País dos Mil Ríos". E non é para menos, xa que os temos grandes, medianos ou pequenos, mesmo os que chamamos regatos. Non obstante, creo que ten razón Moralejo cando sinala que esta cifra debe ser a décima parte do número real.


Figura 2

Ben sabedes que os ríos limpos e cheos de vida son sinónimos de calidade de vida, de cultura e intelixencia. Unha boa conservación dos ríos permite (e favorece) a pervivencia dunha fauna acuática que como a galega, ten un interese excepcional só comparable en Europa a algunhas rexións de recoñecido interese bioxeográfico, tales como o Cáucaso ou os Balcáns. Lamentablemente, nas ribeiras dos cursos de auga desta "terra nai", saíronlle un montón de fillos desaprehensivos e sucios que os encheron de verteduras, de refugallos e de substancias contaminantes. A pesar del, e se me acompañades na lectura das liñas que seguen, mostrareivos uns poucos dos "helicópteros" que, zigzagueantes e aparentemente ameazadores, viven nas nosas ribeiras.

Cando paseedes pola beira do río e as vexades, achegarvos con coidado, detédevos, estirade un dos vosos brazos, permanecede inmóbiles e deixade que se pousen sobre as vosas mans. Se iso sucede, podedes adoptala e ademais seredes cómplices da memoria de Júpiter. Se ademais é posible que fotografedes ese marabilloso instante, o xestor desta páxina estará feliz (e eu moito máis) de publicalas nesta páxina(Fig.2)



Figura 3

Aeshna juncea (Linnaeus, 1758)

Nome común: Libeliña brañega

Viven en lagos e lagoas de augas ácidas, oligotróficas, provistas de vexetación emerxente; ás veces con illas flotantes vexetais. Tamén en turbeiras ou zonas turbosas e nas zonas remansadas e con vexetación emerxente dos seus afluentes e efluentes.

Factores de ameaza
A súa distribución fragmentada e a súa área de ocupación tan reducida supoñen os maiores factores de ameaza.

Categorías da ameaza
- Mundial: Ningunha.
- Nacional: Vulnerable (VU). Libro vermello dos Invertebrados de España (Verdú e Galante, 2006).

Protección legal
Non existe.

Ameazadas.
Os lagos e lagoas onde habita deben ser protexidos e deben ser localizadas novas poboacións, tamén a baixa altitude. No caso das poboacións de montaña, deben ser protexidas especialmente fronte ao desenvolvemento de infraestruturas turísticas, en particular relacionadas cos deportes de inverno




Figura 4
Brachytron pratense (Müller, 1764)

Nome común: Libeliña veluda

Habita en lagoas ou pozas de distintas características (mesmo canles lentas) provistas dunha diversa vexetación de halófitos e hidrofitos que cobre boa parte da lámina de auga.

Factores da ameaza
As pozas e pequenas lagoas onde se reproduce están a ser destruídas pola construción de vivendas, polígonos industriais e estradas.

Categorías da ameaza
- Mundial: Ningunha
- Nacional: En Perigo (EN) Libro Vermello dos Invertebrados de España (Verdú e Galante, 2006).

Protección legal
Non existe




Figura 5
Anax imperator (Leach, 1815)

Nome común: Emperador grande

A libélula emperador é a máis grande de Europa Occidental, só é superada en tamaño por especies tropicais que poden chegar a medir máis de 20 cm de longo. Vive en todo tipo de augas estancadas, aínda que prefire as de tamaño grande e con abundante vexetación acuática nos bordos. Tamén en augas lentas.

Aliméntase de todo tipo de insectos, especialmente aqueles de gran tamaño como os tabáns.




Figura 6
Oxygastra curtisii (Dale, 1834)

Nome común: Esmeralda de curtis

Ocupa zonas remansadas de ríos relativamente grandes, onde os fondos son de barro. Prefire os tramos soleados e con beiras provistas de árbores ou arbustos de ribeira que afunden as súas raíces na beira e sombrean o bordo das augas.

Factores de ameaza
Os ríos nos que vive estanse a modificar a unha velocidade crecente. Isto podería supoñer un perigo a moi curto prazo. As maiores ameazas que debe soportar son debidas aos usos agrícolas e a modificacións da canle ou o caudal, xa que estes tramos de ríos anchos e lentos adoitan estar moi habitados.

Categorías de ameaza
- Mundial: Casi ameazado (NT) (IUCN Red List 2006)
- Nacional: En perigo (EN). Libro Vermello dos Invertebrados de España (Verdú e Galante, 2006).

Protección legal
Catálogo Nacional de Especies Ameazadas
Categoría: Sensible á alteración do seu hábitat.
Norma: Orde de 10 de marzo de 2000 do Ministerio de Medio Ambiente (BOE nº 72, de 24/03/2000).




Figura 7
Calopteryx virgo (Linnaeus, 1758)

Nome común: Gaiteiro azul

A doncela azul. Pode ser tan abundante que chega un momento en que apenas lle poñamos atención. Pero é case seguro que en calquera río ou regato galego vexamos voar estas pequenas libélula de cor metalizar sobre a auga, creando reflexos ante os nosos ollos. O máis habitual para observalos é mirar ás zonas soleadas sobre a auga, con posaderos como vexetación ou rochas. Cando o sol vai declinando poden ascender máis para pousarse en ramas máis elevadas de ameneiros ou salgueiros. A súa época de voo vai de maio a setembro, pero pode haber algunhas excepcións.

Son moi típicas de augas ben osixenadas e chans ácidos (granitos).




Figura 8
Gomphus graslinii Rambur, 1842

Nome común: Candil de Graslin

Aínda que se trata dunha especie de augas correntes, parece ser máis común nas zonas de remanso, como acontece con Macromia splendens, especie coa que adoita compartir o hábitat.

Factores de ameaza
O problema áchase en que os ríos anchos e lentos onde vive adoitan sufrir a contaminación urbana ou agrícola, ou ben obras de condución que destrúen o seu hábitat. Outros factores a ter en conta son a destrución do bosque de ribeira e o desenvolvemento urbanístico xa que poden afectar directamente ás súas poboacións.

Categorías de ameaza
Mundial: Casi ameazado (NT) (IUCN Red List 2006) - Nacional: En Perigo (EN). Libro Vermello dos Invertebrados de España (Verdú e Galante, 2006)

Protección legal
Catálogo Nacional de Especies Ameazadas Categoría: Especie de Interese especial Data: 24 de marzo de 2000 Norma: Orde de 10 de marzo de 2000 do Ministerio de Medio (BOE n.º 72, de 24/03/2000).

Medidas de conservación existentes
Ningunha.




Figurea 9
Lestes virens (Charpentier, 1825)

Nome común: Gaiteiriño verdescente

Adoita encontrarse asociada a pequenas lagoas e pozas temporais, e tamén a pequenos cursos de auga con moi escasa corrente.




Figura 10
Sympecma fusca (Vander Linden, 1820)

Nome común: Gaiteiriño de inverno
Adoita estar asociada a zonas que están encharcadas durante gran parte do ano (como marismas), a pequenas pozas temporais e a lagoas de maior ou menor extensión. Pode encontrarse dende o nivel do mar ata altitudes superiores a 1500 m.




Figura 11
Pyrrhosoma nymphula (Sulzer, 1776)

Nome común: Donceliña vermella

Non é unha especie moi esixente, polo que lla pode encontrar tanto en augas calmas, como correntes, mesmo nas ribeiras dos grandes ríos, en xeral, en zonas con abundante vexetación herbácea. A alimentación das ninfas é a base de pequenos invertebrados, cágados e ovos de distintos animais. Os adultos aliméntanse basicamente de pequenos insectos que capturan ao voo. Cando descansan entre un voo e outro fano coas ás despregadas, non obstante prégana para pasar a noite.




Figura 12
Ischnura graellsii (Rambur, 1842)

Nome común: Doceliña iberica

Pode estar presente tanto en hábitats acuáticos estancados como preto de ríos de pouco caudal. Necesita vexetación acuática e emerxente para realizar ás as súas postas. Tolera augas de pouca calidade.




Figura 13
Coenagrium mercuriale (Charpentier, 1840)

Nome común: Donceliña de mercurio

Habita preferentemente en augas correntes de pequenas dimensións, soleadas e con vexetación emerxente ben desenvolvida. Os seus medios favoritos son os regatos pouco caudalosos, regueiros ás veces con moi pequeno caudal.

Categorías de amenaza
Mundial: Casi ameazada (NT).
Nacional: Vulnerable (VU). Libro vermello dos Invertebrados de España (Verdú e Galante, 2006).

Protección legal
Incluida no Anexo II do Convenio de Berna, ‘Especie estrictamente protexida‘
Directiva 92/43 (21-Mayo-1992) da Unión Europea, Directiva Hábitat, incluida no Anexo II ‘Especie animal de interese comunitario para cuia conservación é preciso designar zoas especiales de conservación‘
Catálogo Nacional de Especies Ameazadas de 2011:Categoría: de interese especial




Figura 14
Platynecmis latipes Rambur, 1842

Nome común: Patexa branca

Vive en todos os cursos fluviais, dende os regatos ata os grandes ríos




Figura 15
Gomphus pulchellus Selys, 1840

Nome común: Candil fermoso

As ninfas desenvólvense en augas estancadas ou en zonas de nula ou escasa corrente




Figura 16
Onychogomphus forcipatus (Vander Linden, 1823)

Nome común: Candil tenazado

Vive en augas rápidas




Figura 17
Cordulegaster boltoni (Donovan, 1807)

Nome común: Tizón de bolton

Un dos Odonatos máis frecuentes nos tramos superiores e medios dos ríos galegos. As súas ninfas prefiren as augas remansadas, nas que frecuentemente se ocultan enterrándose parcialmente ente a area ou os restos vexetais, para cazar as súas presas ao axexo.




Figura 18
Macromia splendens (Pictet, 1843)

Nome común: Esmeralda espléndida

Habita en ríos anchos e algo profundos, nos tramos lentos que permiten a deposición do sedimento e o crecemento da vexetación acuática. En tramos soleados e cuxas beiras están provistas dunha profusa vexetación de ribeira.

Factores de ameaza
A especie é moi rara e parece moi localizada. En Francia observouse un declive dalgunhas poboacións debido á contaminación das augas e á construción de presas que provocan cambios do réxime hídrico dos ríos.

Medidas de conservación
Sería necesario corrixir a contaminación procedente de verteduras urbanas, que non é excesiva. Prohibición de extraer auga dos ríos. Reconstrución das antigas represas e canles de muíños. Conservación da vexetación marxinal e do bosque de ribeira. Estas medidas deberan aplicarse a todo o trazado destes ríos dada a súa pequena lonxitude.

Categoría UICN:
En perigo crítico




Figura 19
Libellula quadrimaculata Linnaeus, 1758

Nome común: Libélula maculada

Habita en augas estancadas e con vexetación moi desenvolvida. En particular nas lagoas lamacentas e lamazais profundos




Figura 20
Orthetrum coerulescens (Fabricius, 1798)

Nome común: Libélula azul

O seu nome obedece ás manchas escuras situadas sobre as ás, dúas manchas por á, a parte superior interior das ás ten unha coloración amarelo afumado.

Habita en augas estancadas. En particular nas lagoas lamacentas e lamazais profundos.

Esta especie realiza voos migratorios, composto por innumerables exemplares.




Figura 21
Sympetrum sanguineum (Müller, 1764)

Nome común: Libélula flecha vermella; Lavacú sanguiño

Destaca moi especialmente o macho que loce unha cor vermello rechamante en todo o corpo, incluíndo os grandes ollos, coas excepcións só das patas e unhas manchas negras no extremo do abdome. Os adultos voan en verán. A pesar de que preto da auga é onde con maior frecuencia se observa voar a libélula frecha vermella, tampouco é excepcional encontrala moi afastada, xa que realiza migracións ou dispersións a distancias longas.


Entomoloxía cultural

Filatelia (Figs. 22 a 28)

Figura 22
Figura 23
Figura 24
Figura 25

En diferentes Países emitíronse series coas imaxes de diferentes especies de Odonatos. É o caso, e entre outros, de: Alemaña, Vietnam, Suíza, Thailandia, Xapón, Gran Bretaña.

Figura 26
Figura 27
Figura 28

Roupa e complementos (Figs. 29 a 33)

Uns poucos exemplos a propósito da utilización da imaxe das libélulas

Figura 29
Figura 30
Figura 31
Figura 32
Figura 33

Na literatura (Figs.34 y 35)

Figura 34

O voo da libélula azul. Lula coñece un peculiar personaxe, amante do curvo, que vive pegado ao mar. A raíz dese encontro, Lula decide romper coa mediocridade dunha vida lineal en Madrid para ser capaz de voar en todas as direccións.

Figura 35

Unha doce historia de bolboretas e libélula: Trátase dunha conmovedora historia protagonizada por unha humilde familia chinesa e ambientada na pequena localidade de Xiantseyan ao redor de 1975

Figura 36

En el cine

Dragonfly (tamén coñecida como A sombra da libélula e O misterio da libélula) é unha película protagonizada por Kevin Costner e Joe Morton. Foi dirixida por Tom Shadyac

 


 

Para saber máis...

FERNANDEZ MARTINEZ, M.A. 2011. Guía das Libélulas de Galicia. Edit. Baía Edicions. La Coruña
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. y COBO GRADIN, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones, La Coruña. 173 pp
VERDÚ, J. R. y GALANTE, E. 2006. Libro Rojo de los Invertebrados de España. Dirección General para la Biodiversidad. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid