AS TEAS DE ARAÑA

A araña é un animal capaz de elaborar construcións de extraordinaria complexidade en forma de teas orbiculares de aspecto perfectamente xeométrico (Fig.1). Iso acontece en metade da natureza, unha "entidade" harmoniosa e bela para os poetas, pero escenario salvaxe de dramas intensos, fonte de temores e problemas para os seus moradores, na que residen forzas poderosas, indomables, e nas que axexa o perigo e a morte. No caos sobrecargado do natural, no que se mesturan vexetación, bestas e animalias, inundacións, tormentas e climas dramáticos (xunto a demos, monstros e sombras...), xorden como por encanto símbolos perfectos da orde do cosmos en forma de perfectas teas xeométricas. E constrúeas un pequeno e misterioso animal cunha substancia que extrae do seu interior, creando a orde dentro do caos a partir de si mesmo.

 

Dende cando ?


Figura 2

A produción de fíos de seda é un proceso fundamental na vida das arañas. Pero isto non sempre foi así. Posiblemente no Devónico, hai aproximadamente 320 millóns de anos, as arañas que entón existían non posuían aínda a facultade de secretar e fiar a seda, como o fan na actualidade. Igual que hoxe, o seu alimento predilecto eran os insectos primitivos que nese entón non tiñan ás. Cando máis tarde, no Carbonífero (hai aproximadamente 260 millóns de anos) (Fig.2) apareceron os primeiros insectos alados, os mecanismos empregados polas arañas para atrapalos volvéronse pouco eficaces. Este é outro factor importante que talvez influíu na evolución das arañas, favorecendo a selección daquelas formas secretoras dun líquido mediante o cal pouco a pouco comezaron a construír redes, facilitando así, unha vez máis, a captura dos organismos alados que lles servían de alimento.

A produción de fíos de seda chegou a ser indispensables e insubstituíbles na vida das arañas; en efecto, non hai actividade que leven a cabo dentro do curso normal da súa existencia e que non estea ligada dalgunha forma a este elemento.

 

Utilidades da seda.

Figura 3
Figura 4
Figura 5
Figura 7
Figura 8
Figura 9
        Para a locomoción.

 

Por medio dun longo fío que o vento arrastra e se fixa a algunha distancia (verdadeira ponte aérea), as arañas salvan obstáculos importantes, pasan dunha árbore a outro, franquean ríos, etc. Nos mozos e nos adultos de pequeno talle, os fíos utilizan as correntes de aire cálido ascendente para realizar viaxes aeronáuticas, converténdose nun elemento esencial na diseminación destes animais. Cando a forza que transporta ao rudimentario aerostato é suficiente, a araña separa as patas de soporte e déixase levar polas correntes de aire (Fig.3). Este sistema de dispersión é utilizado por especies das familias Tomisidae, Argiopidae, Lycosidae, etc.

Para a fabricación de habitáculos

A seda serve para a fabricación de moradas, xa sexa temporais ou permanentes, de tipos moi diversos. As moradas temporais serven de abrigo para unha noite, a incubación, etc. Trátase, ben sexa dunha folla enrolada e fixada con algúns fíos de seda, ben dunha pequena tenda de campaña (Fig. 6) tecida nas anfractuosidades dunha pedra, baixo un fragmento dunha codia, etc. As moradas permanentes ou semi-permanentes son dunha gran variedade. Tanto pódense adaptar un abrigo natural mais confortablemente, tapizar un tubo escavado no chan como construír, ela mesma, a súa propia morada. Esta pode ser un cono de seda incrustado en restos vexetais (Nemoscolus) (Fig.4), un longo tubo endógeo (Atypus) (Fig.5), un cuarto baixo unha pedra. Así, Uroctea durandi (Fig. 6) edifica, baixo as pedras planas unha tenda de campaña con varias saídas e con dobre ou tripla parede, fixada por fíos radiais que lle dan un aspecto hexagonal.

Confección de cocones ovígeros (Figs.7, 8).

A seda xoga un gran papel na vida sexual e na reprodución das arañas. O macho tece antes do acoplamento unha pequena tea onde recolle o esperma. Ás veces constrúe unha tenda de campaña onde secuestra á femia (certos Saltícidos). As femias fabrican sacos onde depositan os ovos. Son os chamados cocones, cuxa variedade, talle, forma e cor varía segundo as especies.

Como construen a tea...(Figs.9, 10)


Figura 9

A Epeira diademata é unha araña que constrúe a súa tea aproximadamente en 1 hora, seguindo un ritual moi preciso e producindo 30 m de fío de seda. Estas son as etapas de fabricación da súa tea:

 


Figura 10
          Etapa 1: Dende un punto de partida elevado produce un fío que flota no vento e se amarra a un soporte afastado.

 

          Etapa 2: A araña percorre esa ponte substituíndoo por un fío máis sólido e come o primeiro fío. Volve percorrer a ponte en sentido inverso, engadindo un fío aínda máis sólido. É 2 veces máis resistente e 4 veces máis elástico que un fío de aceiro da mesma sección.

 

          Etapa 3:Dende o punto medio da ponte, déixase caer producindo un fío que suxeita a un soporte debaixo. O nó da " E " así formada será o centro da futura tea.

 

          Etapa 4: A araña regresa a unha das puntas da " E " producindo un fío que só estende cando chega ao seu destino. Este fío forma o que será un dos bordos do marco da arañeira.

 

          Etapa 5: Tende o primeiro raio entre o punto medio dese bordo e o centro.

 

          Etapa 6: Repite a manobra para a outra rama da " E " o que completa o marco e o segundo radio.

 

          Etapa 7: A araña fía os raios volvendo pasar cada vez polo centro. As sucesivas direccións nos raios permiten equilibrar a tea, conforme se realiza a súa construción, de acordo co peso da araña que circula. A Epeira diademata constrúe teas que teñen entre 18 e 43 radios.

 

          Etapa 8: Despois tece unha espiral moi apertada arredor do centro para consolidar esta estrutura, o seu niño. Este fío non é pegañento e é moi sólido: a araña acomodarase tranquilamente nese niño á espera das súas presas.

 

          Etapa 9: A araña constrúe máis lonxe unha espiral non pegañenta que permitirá á tea soportar o seu peso. A verdadeira espiral "trampa" é máis apertada e pegañenta. A araña técea medindo a regularidade de separación das espiras grazas ás súas patas. Mentres tanto vai comendo a primeira espiral.

 

        Etapa 10: A araña espera no centro da súa tea onde as vibracións o previrán da captura de presas.

Os investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e o Politécnico dei Torino en Italia explican na revista Nature que as arañas fabrican as súas teas coma se se tratasen de fiables construtoras, localizando a tensión e o dano que poden sufrir os seus «edificios». As teas de araña que se encontran nos xardíns e garaxes están feitas de múltiples tipos de seda, pero a seda viscosa e a chamada seda de cable ou de arrastre son as máis críticas para a integridade da rede. A seda viscosa é elástica, húmida e pegañenta, e é a seda tecida en espirais cada vez máis grandes dende o centro. A súa función principal é capturar presas. A seda de cable é dura e seca, e a araña utilízaa como fíos que irradian cara a fóra dende o centro da tea, proporcionando o soporte estrutural. É algo crucial para o comportamento mecánico da tea.

Os científicos demostraron con anterioridade que a seda de cable se compón dun conxunto de proteínas cunha estrutura molecular única que lle dá forza e flexibilidade. «A pesar de que a resistencia e dureza da seda se consideraron antes -en comparación, é máis forte que o aceiro e máis resistente que o Kevlar- as vantaxes da seda dentro da tea, máis alá destas medidas, se descoñecen», di Markus Buehler, profesor de enxeñaría civil e ambiental no MIT.

 

Atraen insectos as súas teas?

Durante moito tempo os científicos especularon sobre a función que cumpren os patróns en zig zag (Fig.11) que algunhas arañas incorporan nas súas elaboradas creacións. Algúns investigadores mencionaron, por exemplo, que eses patróns que se diferencian do resto da arañeira poden servir para escorrentar aves, atraer parella, protexer do sol ou camuflar.


Figura 11


Científicos da Universidade de Incheon, en Corea do Sur, sinalan agora que esas decoracións que reflicten a luz UV poderían funcionar para enganar e atraer insectos, presentándose como unha tentadora plataforma de aterraxe. Durante a construción da súa arañeira, a araña avespa incorpora periodicamente patróns en zigzag que parten do centro. Para crear eses patróns, estes animais utilizan unha seda especial, de cor branca, que reflicte moito máis a luz UV que o resto da arañeira. Os científicos non comprendían ata agora por que as arañas toman o traballo de crear estruturas elaboradas en material non refractivo e o decoran con deseños en patróns diferentes. Para constatar a función destes patróns, denominados "stabilimentum", os investigadores da Universidade de Incheon compararon arañeiras con e sen decoracións. O professor Kim Kil-Won e os seus colegas examinaron os diferentes insectos atrapados nos dous tipos de arañeiras e encontraron unha pista sobre a importancia do "stabilimentum". As arañeiras con decoracións presentaban máis insectos atrapados que aquelas sen patróns en zig zag. "Os efectos do stabilimentum na cantidade de insectos parecen deberse" ao seu impacto" "en insectos polinizadores sensibles á luz UV", di o profesor Kim.

 

 

A fibra do futuro, a tea de araña..

Nin o aceiro, nin o formigón armado. Soportan o peso das arañas e o das presas, o embate do vento e a acumulación de gotitas de auga.

Por todo isto, unha investigación publicada en PLOS Biology intentou descubrir como se tecen as teas de araña. E descubriron que as espidroínas, as proteínas que forman a seda da arañeira, pasan de estar disoltas nun líquido a formar un resistente fío grazas a cambios de pH (grao de acidez/alcalinidade dunha substancia). E todo isto no interior das glándulas da araña.

Guinea Tortuero, profesor da E.T.S. e investigador de materiais biolóxicos, asegura que o material resultante da extracción de fibras de seda, podería ser empregado, en dispositivos e estruturas que eventualmente poidan estar sometidos a impactos, como protección contra bombas de interiores de edificios, sistemas de protección das adegas de aeronaves, blindaxe de vehículos militares ou chalecos antibalas. Tamén será de utilidade para finas suturas de uso en operacións oculares, para micro e neurocirurxía. Neste contexto, a fabricación e caracterización de materiais compostos reforzados con fibras de seda de araña constitúe un novo e excitante terreo de investigación dentro do campo dos materiais biolóxicos nanoestructurados.

As arañas comúns que aparecen no estudo, incluíndo tecedoras (Nephila clavipes), arañas de xardín (Araneus diadematus) e outras tecen teas en espiral sobre unha estada de filamentos en radiación. A construción de cada tea require dunha enerxía que a araña non pode permitirse gastar a miúdo, polo que a durabilidade da súa obra é clave para a supervivencia do arácnido.

 

Ensino para enxeneiros

A través dunha serie de modelos de computación os científicos foron capaces de analizar os factores clave que axudan ás arañeiras a soportar as ameazas naturais localizadas (como unha rama que cae sobre un filamento) ou distribuídas (como ventos fortes). Os investigadores descubriron que unha tea de araña está construída de tal forma que poden sacrificarse áreas locais co fin de que o seu fracaso non impida que o resto da tea se manteña, aínda que nunha capacidade diminuída. «É unha estratexia intelixente cando a alternativa é ter que facer toda unha tea nova», sinala Steven Cranford, que tamén participou na investigación. «Os enxeñeiros poden aprender da natureza e adaptar as estratexias de deseño que son máis apropiadas para aplicacións específicas».

«As estruturas de enxeñaría adoitan ser deseñadas para soportar grandes cargas con danos limitados, pero as cargas extremas son máis difíciles de afrontar», di Cranford. «A araña ten resolto este problema ao permitir o sacrificio dun membro baixo unha carga intensiva (mesmo un furacán). Para a tea, non importa se a carga é o suficientemente forte como para causar un fallo ou cen veces máis alta, o efecto é o mesmo».


Figura 12

Algo máis sobre entomoloxía cultural...

A maior parte das civilizacións antigas converteron á araña en símbolo da deusa creadora e, despois, en nai dos deuses (véxase o articulo previo: "..una araña..¡"). A relación entre creación e sexo é evidente no caso dos animais. Fertilidade e luxuria son compoñentes da divindade arácnida. A construción de teas, a forma en que algunhas especies se deslizan polos fíos, e a estrutura xeométrica desas construcións relacionan a araña co fiado e co destino, ou convértena no medio de comunicación -fío condutor- entre o home e o universo ou os deuses. A araña debe ser necesariamente muller. Por un lado, é Madre e só as mulleres son capaces de parir. Por outro, a araña é fiandeira, actividade tradicional exclusiva das mulleres. En moitos sentidos, a araña é a esencia do feminino, incluído o lado escuro do sexo, polo que ten de irresistible de pracer e perigo a un tempo e de debilidade para o varón, teoricamente dominante. Perigo, porque a araña é unha experta cazadora, un ser capaz de deseñar trampas invisibles e enganos invencibles. É a personificación da astucia, da sabedoría ancestral aplicada á obtención do pracer (sexa unha presa á que devorar ou un encontro sexual que pode rematar do mesmo modo). E é velenosa, como pronto debeu descubrir o home primitivo. Un perfecto artefacto para matar. Un aliado fronte ás pragas e sabanduxas, pero tamén un doloroso inimigo capaz de producir a morte. Como tantos animais velenosos, a araña devén motivo bélico e deusa guerreira.. É un animal listo capaz de conseguir o que non pode o tamaño ou a forza (o home?): o lume ou a propia sabedoría esencial (Melic, 2002).

 

Na literatura...


Figura 13

As arañas formaron parte dende hai moitos séculos en poemas épicos, como Las metamorfose de Ovidio (Fig.12), escrito aproximadamente hai dous milenios. Na literatura recente, Tolkien xa utiliza as arañas na novela El hobbit (Fig.13). Nela, unhas arañas xigantes infestan un gran bosque chamado o Bosque Negro e atacan os principais personaxes da historia, capturando varios deles. Na novela El Señor dos Aneis, Ella-Laraña é un dos antagonistas para posteriormente na súa obra póstuma El Silmarillion dar a coñecer a orixe da liñaxe das arañas xigantes con Ungoliant como a primeira destas criaturas. e o libro Harry Potter e a Cámara dos Segredos, de J. K. Rowling, no que aparece a araña Aragog.

 

No mundo do cómic


Figura 14

Nas novelas gráficas as arañas xogan frecuentemente o papel de símbolos ou álter ego de superheroes ou viláns debido ás súas fortalezas e debilidades. Un dos personaxes de cómic máis notables, que tomou o seu nome e identidade das arañas é sen dúbida o superheroe Spiderman (Fig. 14).

 

No cine e na televisión


Figura 15

Tanto en cine como en televisión, as arañas estiveron presentes dende hai moitas décadas, especialmente en películas de terror, que se serviron delas para causar medo entre o público, sobre todo entre os que teñen aracnofobia. Entre as películas que se aproveitaron do rexeitamento xeral cara ás arañas están Tarántula (1955) (Fig.15), realizada aproveitando a onda de medo cara á radiación que tiñan os estadounidenses; O reino das arañas, película de 1977

 

Complementos...roupa..(Figs.16, 17, 18)

Figura 16
Figura 17
Figura 18

O deseñador Simon Peers, utilizou a seda producida polas arañas como fío para coser pezas de vestir e como poderedes observar nalgún das imaxes que seguen, a araña constitúe o artrópodo máis intensamente utilizado no terreo da mitoloxía e simboloxía.

 

Na filatelia (Figs. 19, 20, 21, 22)

Figura 19
Figura 20
Figura 21
Figura 22

Un bo número de países, entre eles España, Corea, Tanzania e Zimbabwe) emitiron series con imaxes destes animais