AS NOSAS FEIRAS DE SEMENTES

Dende o ano 2010 a Fundación Galicia Verde ven celebrando na súa sede de Leboso (Forcarei-Pontevedra) unha feira especializada na venda e troco de sementes, na que tamén concorren produtores ecolóxicos. Ata a actualidade esta feira contou co beneplácito tanto do público, como dos expositores, cuio número medra limitado, únicamente, pola disponibilidade de espazo.

Esta feira, ademáis do troco e venda de sementes, cumple con outros obxectivos como é dar a coñecer a labor que estamos a facer na Fundación e presentar novas tecnoloxías, e premiar aos voluntari@s que máis nos axudaron no ano pasado, e todo nun ambiente festivo no que, grandes e pequenos, poidan disfrutar dun día de lecer.

A partir do ano 2016 incorporaremos talleres e charlas informativas sobre temáticas relacionadas coa agricultura ecolóxica, o medio natural ou mesmo as enerxías alternativas.

Os expositores interesados en asistir a seguinte feira deberán poñerse en contacto con Mabel, escribindo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Xa sabedes que a feira ten lugar no mes de abril, máis ou menos, no domingo de mitade de mes e as plazas son limitadas.