FEIRA DE SEMENTES E PLANTÓNS ECOLÓXICOS, 2017


Data e lugar

Bases de participación

Contactos

Programa (en elaboración)

A feira en números (ao remate)

Galería de imaxes (ao remate)

 

 

DATA E LUGAR

A 7ª "Feira de sementes e plantóns ecolóxicos" terá lugar na sé da Fundación Galicia Verde, na aldea de Leboso, Forcarei (Pontevedra), o 23 de abril do 2017.

A inaguración terá lugar ás 10 da mañá.

Este ano incrementamos a superficie adicada á feira, o que nos permitirá acoller a un maior número de participantes e que o público asistente poida moverse con maior comodidade.

A chegada a Leboso pode facerse dende A Estrada en dirección Forcarei, ou á inversa. Se chegades dende A Estrada, no quilómetro 18, xusto cando divisades o observatorio astronómico, hai unha estrada que vira á esquerda. Alí hai un cartaz que anuncia o Centro de Investigación de Agricultura Ecolóxica de Leboso. A partir deste cruzamento, a uns 700 metros, está a Fundación. Os que chegan dende Forcarei deberán pasar pola rúa do centro do pobo e logo dunha longa recta pasaredes por dúas curvas bastante pechadas (na aldea de Casetas). Pasadas estas veredes a man dereita unha pista que conduce ao observatorio e un pouco máis adiante unha estrada que vira á dereita. Por esta, a uns 700 metros está a Fundación. 


BASES DE PARTICIPACIÓN 

Establécese unha serie de normas para garantir a correcta organización e bo funcionamento da feira. Todos as persoas interesadas en montar un posto deberán aceptalar e cumprir estas normas. O non facelo suporá a non participación nesta edición.

NORMAS PARA PARTICIPANTES NA VII FEIRA DE SEMENTES, PLANTÓN E PRODUTOS ECOLÓXICOS DA FUNDACIÓN GALICIA VERDE:

1.- Poderán participar todas as persoas que exerzan unha actividade que teña que ver coa produción ecolóxica, principalmente sementes, plantón, planta, produto fresco ou envasado. Se o espazo do que dispoñemos no-lo permite, poderanse incluir outras actividades sempre relacionadas coas boas prácticas e a saúde tanto das persoas coma do ambiente. 

2.- As persoas interesadas en participar deberán enviar os seus datos (nome, actividade, correo electrónico de contacto e lugar de procedencias) ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada e iráselles asignando un número que corresponderá a un/ha únic@ participante.

3.- Unha vez notificada a aceptación por parte da Fundación Galicia Verde, que se comunicará por mail, solicitamos que os participantes colaboren cunha aportación mínima de 20 euros por cada posto, facendo un ingreso na conta bancaria seguinte:

Abanca ES91 2080 0505 8630 4000 2416 (o ingreso tan só deberá facerse unha vez recibida a confirmación)

Titular: Fundación Galicia Verde

O ingreso deberase realizar dentro do prazo que se indica no punto seguinte; de non facelo así, suporá automáticamente a non participación na feira. 

4.- O prazo para solicitar o posto remata o luns día 10 de abril. As solicitudes que se reciban fóra deste prazo (se houbera sitio dispoñible) terán un recargo de 10 €.  

5.- O espazo ofrecido para os postos é de 3 metros de frente por 2 de fondo. Os participantes deberán vir equipados con todo o material para exercer a súa actividade así como dos elementos necesarios para soportar as distintas condicións meteorolóxicas. Se algún posto require dalgunha necesidade en especial (electricidade, auga,...) indicádeo no formulario de inscripción que recibiredes. 

 


 CONTACTO

Temos un mail exclusivo para os contactos coa feira, a través do que se canalizarán todas as cuestións que queirades plantexarnos. Por favor no utilicedes os outros mails da Fundación xa que non podemos garantir que teñan unha resposta rápida.

O mail de contacto é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..


PROGRAMA


 A FEIRA EN NÚMEROS


GALERÍA DE IMAXES