XURRO FERMENTADO DE ORTIGAS

O xurro fermentado de ortigas prepárase enchendo un recipiente con plantas (aproximadamente 1Kg de ortiga fresca, ou 200 g de ortiga seca, por 10 litros auga) e, sen apertalas, enchelo de auga, preferentemente de choiva. Tápase e déixase durante unhas dúas semanas, ata que deixe de facer espuma. Terá unha cor escura e mal cheiro, que pode ser mitigado engadindo po de arxila.


Para usalo en pulverizacións foliares deberase diluír 1:20. Pódese utilizar durante todo o ano para estimular o crecemento.

Pódense pulverizar os bancais das patacas para protexelas do mildiu.

Pódense pulverizar os frutais durante o comezo de brotes para evitar a clorose.

Diluído, únicamente 1:10, pode utilizarse para rego para estimular o crecemento.