XURRO DE ALLOS E CEBOLAS

 

Podemos preparar un xurro con follas e peles de cebola e allo para reforzar ás plantas fronte ás enfermidades criptogámicas.

Utilizaranse, ou ben 0,5 Kg de planta fresca, ou 200g de planta seca, por 10 litros de auga.

Resulta especialmente interesante para reforzar os fresais.

Outra receta moi eficaz contra plagas, en xeral:

      • 10 cabezas de allo
      • 5 cebolas grandes
      • 250 g de xabón líquido
      • 25 litros de auga

PREPARACIÓN:

Picar cunha minipimer as 10 cabezas de allo e as 5 cebolas grandes cun pouco de auga.
Colocar a mezcla nun depósito de 25 l, engadindo o xabón líquido e completando o volume ata os 25 litros.
Deixar a mezcla en repouso uns 4-5 días. Colala e xa está lista para utilizar.


EMPREGO:

Fumigar ben as follas, por ambas caras. Repetir cada 4 días ata rematar coa plaga.