TRATAMENTOS CONTRA OS RATOS DE CAMPO

 

Podemos plantar entre as nosas patacas algúns exemplares de lingua de can (Cynoglossum vulgare), meliloto común (Melilotus officinalis) e mesmo menta (Mentha spicata). Estas plantas teñen un efecto repelente contra os ratos.



Ou utilizar os seguintes preparados:

 


 

TÁRTAGO (Euphorbia lathyris)
Familia Euphorbiáceas

PROPIEDADES:
Repelente para ratos de campo e toupas.
Principio activo: a euforbona.
Sustitutos: o sabugueiro negro e o sauquillo, de efectos menos duradeiros.

EMPREGO
Extracto fermentado (800 gr. de brotes tenros postos a macerar algúns días en 10 litros de auga ).
Utilízanse os talos e as follas sendo os extremos máis ricos en principios activos. Recollela de abril a outubro.
Pulverizar puro arredor das zonas cultivadas.

 


 

SAÚCO (Sambucus nigra)

Familia Caprifoliáceas

PROPIEDADES
Repelente para ratos de campo e toupas.

EMPREGO
Extracto fermentado a base de 1 kg de follas frescas en 10 litros de auga, despois de macerar durante 3 días. Empregalo puro en rego.