ESCARABAJO DA PATACA

O método recomendado para a loita contra o escarabello da pataca é o da recollida directa pero, para facilitala, utilizaremos un pequeno truco que fará que todos os escarabellos se concentren sobre unhas poucas plantas máis apetitosas.

No noso caso probamos con éxito a melisa, planta máis doce que a pataca e que lles gusta moito aos escarabellos. Colocando unhas poucas plantas nos lindes da nosa plantación actuarán como cebo, podendo recollelos manualmente cada mañá.

Tamén se utiliza con bos resultados a plantación de macela.