VERDOLAGA (Portulaca olearacea)

 

É unha planta anual, rastreira, que posúe talos e follas carnosos que contén gran cantidade de mucilaxe.

É unha planta nitrófila, por iso crece en lugares frecuentados por home ou o gando, preferindo lugares que son regados regularmente.

 


 

CONSUMO

Ten utilidade tanto como alimento como medicina.

É unha planta que hai que utilizar sempre fresca.

Como alimento pode utilizarse crua, en ensaladas, aínda que a algunha xente pode non agradarlle a cantidade de mucilaxe que posúe e que se notará ao mastigar as follas ou os talos.

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

O seu contido en substancias antibióticas fana idónea para tratar infeccións urinarias. Tomaríanse diariamente tres culleradas do xugo que se obtén machucando as follas tenras.

Pódese usar como diurético tomando unha infusión de 15 gramos de follas tenras por cunca de auga. Nesta caso vai ben en caso de obesidade, en enfermidades reumáticas ou de corazón que teña relación coa retención de auga polo organismo.