ORTIGA (Urtica dioica)

 

Sabías que a estruga é un dos mellores diuréticos que nos pode ofrecer a natureza?

A estruga axuda a fortalecer o sistema inmunolóxico, combatendo os arrefriados, ademais de ser útil para a anemia, para reducir os efectos do estrés no noso organismo, e para as enfermidades relacionadas co exceso de ácido úrico como a gota.

Familia: urticáceas

É unha desas marabillosas plantas que crecen en zonas umbrías, xunto aos camiños, en zonas onde hai moitos restos orgánicos... e que mesmo pode ser interesante plantar xa que lle sacaremos unha grande utilidade, tanto como alimento coma polas súas propiedades terapéuticas.

Contén, entre outros compoñentes: Vitaminas, mucilaxe, lecitina, taninos e minerais. Son moi ricas en calcio.

 


 

USOS CULINARIOS

A estruga cocida ten un sabor moi suave que recorda ao das navizas. Pódese consumir en tortillas, con patacas cocidas, engadíndoas aos nosos guisos...

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

A súa máis coñecida propiedade terapéutica é como diurético, pero tamén é utilizada como estimulante do aparato dixestivo (protexe o fígado), como antianémica (polo seu alto contido en ferro), como antidiabética (rebaixa o nivel de azucre no sangue)...

 


 

USO EN ECOAGRICULTURA

Na nosa horta resulta de utilidade para preparar aboamentos líquidos con gran cantidade de nitróxeno, pro tamén resulta de utilidade como insecticida.

Tamén resulta útil contra problemas de clorose ou como aboamento foliar.