MALVA (Malva silvestris)

 

A malva ou malva maior (Malva sylvestris) é unha herba bianual ou perenne que adoita encontrarse sempre en soares abandonados, en bordos de camiños e nos arredores das casas de campo. As súas follas teñen nerviación palmada e contorno redondeado, con 5 ou 7 lóbulos dentados á súa vez.

Familia: malváceas

Esta planta encóntrase practicamente por todo o mundo xa que se adapta a todo tipo de terreos.

Utilízanse as súas flores e as súas follas que se recollerán en primavera para secalas e conservalas en frascos ben pechados.

Pode consumirse como alimento, en ensaladas, con outras verduras. Ademais achega vitaminas A, B, C, e E.

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

Grazas á cantidade de mucilaxe que ten, posúe calidades como emoliente. Pódese utilizar para protexer a mucosa do estómago.

Para afeccións da pel colocar unha cataplasma de follas machucadas e tapar cunha venda.