GRAMA (Agropyron repens)

 

A grama é unha planta de porte herbáceo, que grazas ás súas exitosas adaptacións colonizou todas as rexións do mundo e se adaptou triunfante a todas elas. Prefire as zonas húmidas para o seu desenvolvemento. Reprodúcese por rizomas, é dicir que as súas raíces poden crecer e xerar novos individuos.

Está formada por un rizoma subterráneo do que parten tanto as raíces coma as ramas, polo que moi difícil de erradicar, aínda que a arranquemos, calquera anaco de raíz volve reproducirse. É por isto que constitúe un problema para as nosas hortas.

As súas raíces, en tempos de fame, tostábanse, moíanse, e utilizábanse como un substituto da fariña.

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

Adóitanse utilizar os rizomas.

Ten propiedades como diurético, hepatoprotector e antiinflamatorio.

Consúmese en decocción. Para preparala férvense durante uns 5 minutos, unha cantidade de 15 gramos por litro de auga. Ten un sabor acre pero, se se quere eliminar, faremos previamente unha decocción dun minuto, tirádevos a auga, e volvemos iniciar o proceso. Pódese adozar con mel.