DIENTE DE LEÓN (Taraxacum officinalis)

 

O dente de león é unha herba común e corrente que crece nos lotes baldíos, ao lado dos camiños e entre o pasto nos patios. Ten unha flor amarela que despois se converte nunha bóla con peluxe branca.

Familia: Compuestas.

Trátase dun planta moi abundante que pode verse nos prados, nos bordos dos camiños, en terreos abandonados. Actualmente está a empezar a cultivarse para consumo.

É de sabor amargo.

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

Polo seu sabor amargo é un magnífico purificador do sangue.

Tamén é un bo estimulante das funcións hepática e biliar.

É un extraordinario diurético que resulta moi útil en casos de obesidade ou de edemas, axudando a limpar o sangue de toxinas /colesterol, ácido úrico..) favorecendo a expulsión de pedras do ril.

É a especie vexetal que contén máis ferro nas súas follas polo que pode ser utilizada para previr anemias ou recuperarse desta enfermidade.

 


 

CONSUMO

Pódese consumir crua, en ensalada, ou como decocción (de follas secas e raíces) con fins depurativos.