CULANTRILLO (Adiantum capillus-veneris)

 

O cuandrillo foi utilizado dende hai moitos anos: por exemplo, os antigos gregos beneficiábanse da súa propiedade expectorante, para aliviar toses e gripes. No medioevo utilizábase para problemas respiratorios de todo tipo, e se se combinaba con trevo do rei nunha infusión, era moi útil para tratar as varices e a arteriosclerose.

Trátase dun pequeno fento que crece en lugares mornos e húmidos. Non soporta a sequidade nin os cambio pronunciados de temperatura.

Pódese cultivar dentro de casa, en macetas, en cuxo caso deberemos procurar que manteña unha humidade constante, non a cambiar moito de sitio e mantela apartada das calefaccións.

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

Úsanse todas partes tenras da planta para preparar infusións que teñen propiedades expectorantes e balsámicas, o que a fai moi axeitada en casos de toses ou enfermidades respiratorias.

Tamén se utiliza en problemas de cabelo.