CHICORIA (Cichorium intybus)

 

A chicoria é unha planta que posúe numerosas propiedades médicas. É coñecida tamén por ser un excelente substituto do café.

Familia: Asteráceas.

É unha planta perenne, coñecida porque as súas raíces tostadas se utilizan como substituto do café, ao que supera polas súas propiedades medicinais que protexen o fígado e limpan o tracto urinario.

É moi frecuente vela nos bordos dos camiños e en terreos secos en as zonas mornas, tanto de Europa coma de América.

O seu sabor amargo fana moi axeitada para persoas con problemas de obesidade, xa que favorece a secreción de bile, tan necesaria para a dixestión das graxas..

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

Tanto a raíz (ata un 58%) como as follas conteñen inulina e levulosa, que son glúcidos que favorece a acción do fígado.

También posúe propiedades laxantes.

 


 

CONSUMO

Pódense consumir as follas en ensaladas e combinan moi ben con allo, dente de león e aceite de oliva. Pero cuidado porque vos abrirá un apetito extraordinario.

Para consumir as raíces arrancalas en outono, secalas, tostalas e raialas. Logo consumirase en infusións.

Para gozar plenamente das súas propiedades aconséllase non a adozar, para deixar actuar ao seu sabor amargo. En caso de facelo que sexa unicamente con mel e en pequenas cantidades.