LLANTÉN (Plantago major)

 

é unha planta con grandes propiedades medicinais, dela utilízase tanto a folla coma as sementes. Trátase dunha planta de follas grandes e verdes, é moi utilizada na preparación de remedios naturais para tratar enfermidades como os arrefriados, a bronquite, infeccións urinarias e hemorroides, tamén é un poderoso anti-inflamatorio e cura irritacións tanto dos ollos coma da pel.

Familia: Plantagináceas

É unha planta perenne que adoita crecer preto dos camiños ou en zonas sen cultivar.

As súas sementes son moi ricas en mucilaxes ademais de, entre outros, ácido oleico, ácido salicílico, e ácido ascórbico.

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

Suaviza o aparato respiratorio polo que resulta bo para dores de garganta, realizando enxaugaduras cunha infusión dunha cullerada de planta por cunca de auga.

Como contén taninos é unha planta astrinxente, para o que tomarán tres cuncas ao día dunha infusión dunha cullerada por cunca de auga.

É un bo desinfectante de feridas, abondando con colocar unha folla ben lavada sobre esta, para deter o sangrado, cicatrizar e previr a posible infección.