CARDO (Cynara cardunculus)

 

Aínda que na actualidade pode considerarse un alimento pouco habitual na nosa cociña, as propiedades do cardo fano unha hortaliza rica e moi saudable. Propia dos climas fríos e de tempada invernal, trátase dun alimento moi aconsellado nas axudas e para diminuír os niveis de colesterol.

Esta planta pertencente á familia das Asteraceae, está considerada como o parente silvestre da alcachofa. É unha planta herbácea perenne, aínda que lla adoita cultivar como anual.

 


 

ALGUNHAS CARACTERÍSTCAS

Ten magníficas propiedades medicinais para combater problemas do fígado. É un bo tónico amargo, que tamén pode ser utilizado como un bo espectorante ou como cicatrizante para as feridas.

Pódese consumir cru, en ensaladas, e destaca por facilitar a dixestión.

Outro agradable xeito de consumir esta planta é preparando con ela bebidas amargas e licores.

Tamén se pode consumir a planta seca, en decocción, manténdoa en auga fervendo durante uns 10 minutos. Deberá tomar unha cunca despois de cada comida.