TOMIÑO (Thymus vulgaris)

 

O tomiño é utilizado frecuentemente en tratamentos contra procesos dixestivos lentos, como dores estomacais, cólicos abdominais, flatulencias e outros trastornos dixestivos. Tamén nalgunhas doenzas do aparato respiratorio como dor de garganta, anxinas ou afonía.

 


 

INTRODUCIÓN

Provén do antigo Exipto onde xa era utilizada baixo forma de ungüento para o embalsamento dos cadáveres.

Como especie característica da conca mediterránea vanlle ben os chans soleados e secos, preferentemente calcarios e arxilosos. Prospera dende o nivel do mar ata os 2000 m. e soporta gran variedade de climas. Resiste ben as xeadas e as secas. Prefire o sol directo.
ç
É unha planta aromática vivaz, con ramas cor parduzco ou branco aveludo, que poden alcanzar ata 50 cm. de altura.

A partir de marzo produce flores de cor rosada e branca, agrupadas nas extremidades das ramas.

Como partes útiles están as follas e as flores.

 


 

REPRODUCIÓN

Por sementes, plantándoas a comezos da primavera. Cóbrese cunha delgada capa de terra e régase a diario. Cando as plantas alcanzan unha altura de 6-8 cm. realízase un repicado, en período de repouso vexetativo. É conveniente que o chan teña unha boa cantidade de materia orgánica.

 


 

RECOLECCIÓN

Se se planta para obter aceites esenciais farase antes da floración, entre maio e novembro.

É unha planta moi resistente ao ataque de pragas e enfermidades, salvo que estea en zonas moi húmidas e pode ter ataques fúnxicos.

 


 

USOS TERAPEUTICOS

Utilízase como estimulante, antiespasmódica, coletéricas, diaforéticas, balsámicas, antisépticas, cicatrizantes e antioxidantes.

En forma de infusión para afeccións das vías respiratorias, tosferina, catarros; en trastornos gastrointestinais; como vermífugo.

O seu uso externo aplícase como desinfectante e cicatrizante, en decocción concentrada e en linimentos e baños tonificantes, así como en pomadas, locións, etc., utilizadas en dermatoloxía e cosmética.

Para producir o aceite esencial recóllese a planta entre abril e xuño e tras a súa limpeza procédese á destilación polo sistema tradicional.

O aceite esencial non debe utilizarse en caso de embarazo, lactación, úlcera ou problemas cardíacos.

 


 

APLICACIÓNS CULINARIAS

É un dos condimentos fundamentais da cociña mediterránea polo seu sabor picante.

Pódese empregar fresco durante todo o ano, ou seco recolléndoo antes da floración e secando as súas follas en zonas secas, de sombra e aireadas. Para conservalo colocalo en frascos de cristal fóra da luz, a calor e a humidade.