SALVIA (salvia officinalis)

 

É un xénero de plantas da familia das labiadas, é unha planta de grande interese polas súas propiedades para a saúde. Hai moitas variedades dela, ao redor de 900 especies, e encóntrase en diversas partes do mundo como Sudáfrica, América Central, Sudamérica, etcétera. É unha planta que mide entre 30 e 50 centímetros, e ten fermosas flores de diversas cores.

Familia: labiadas

 


 

CARACTERÍSTICAS

É considerada a raiña das plantas aromáticas. Non debe faltar ean ningunha horta xa que resulta unha axuda moi eficaz contra os insectos perxudiciais.

É orixinaria das montañas da cuenca mediterránea, dende España a Turquía e dende Siria a Marruecos. Vive en terreos rocosos e secos. Atópase na Europa meridional. É perenne, xerófila e termófila. Como planta perenne é mais recomendable mercala nun viveiro.

Gustanlle os terreos lixeiros, calcáreos e ben expostos, ainda que adaptase a outras condicións. Acada uns 70 cm de altura.

Perxudicanna os ambientes que presentan invernos moi ríxidos.

 


 

CULTIVO

Sementar en semilleiro dous meses antes da última xeada, e no exterior en primaveira, cando a terra acade os 13ºC.

Tarda en xerminar unhas tres semáns.

Colocar a pleno sol ou semisombra.

pH óptimo entre 5,5 e 7.

Ten poucas necesidades de nutrintes.

Hai que sustituir as plantas cada 4 ou 5 anos.

Non necesita humidade constante

 


 

REPRODUCIÓN

Pódese facer mediante sementes, plantándoas a finais do inverno, tanto en semilleiros como a pleno campo.

Tamén pódese reproducir mediante esquexes duns 10 cm de lonxitude que sacanse de plantas de dous ou tres anos y plantanse a comenzos da primaveira.

Posteriormente trasplantanse o seu su lugar definitivo en marcos de 40 x 60 cm.

Dependendo da fertilidade do terreo poden requerir certo aporte nutricional na época de maior crecemento vexetativo.

Combina ben coas coles e a cenoria.

Recolectar antes de que a planta floreza na primaveira e secar á sombra cos talos cara arriba. Pódense consumir follas frescas, ou secas.

 


 

PROPIEDADES TERAPEUTICAS

É un dos mellores antibióticos naturais.

Pódese usar como bactericida contra afeccións da gorxa, tomando dúas tazas diarias dunha infusión preparada con unha cuillerada de follas por taza de auga.

Tamén é un bo cicatrizante usado en compresas preparadas con 20 gramos de follas  por ¾ de litro de auga, ou ben usando follas frescas.

Ademáis en infusión pode resultar boa para problemas estomacais, en caso de retención de líquidos, ou como emenagogo.

Si ao baño engadimos 20 gotas do aceite esencial actuará como un bo relaxante muscular.

Ten unha importante presencia culinaria en numerosos platos aos que engade un toque áspero e picante, por iso hai que utilizala con moderación.