Regaliz (Glycyrrhiza glabra)

 

Seguramente todos nós coñecemos as famosas pastillas de regalicia que dende sempre se utilizaron para hidratar e aclarar a garganta en momentos nos que esta se reseca. Case todos sabemos que se trata dun tipo de pastilla aromática e con sabor característico, pero cunha serie de efectos sobre o organismo.

A palabra regalicia vén do grego, das voces rhiza, que significa raíz e glyks ou glukus, que significa doce; mentres que o termo latino glaber alude á ausencia de pilosidade.

 


 

UN POUCO DE HISTORIA

Procede da Europa mediterránea e de Asia Menor e encóntrase cultivado en moitos lugares, despois de naturalizarse en moitos deles en sitios húmidos, leitos de ríos, barrancos, cavorcos, etc.

A regalicia é un dos condimentos máis antigos. Ten un sabor anisado e agridoce. Úsase moito en confeitaría, sobremesas, tortas e en bebidas, como a cervexa irlandesa (Irish Guinness) e un licor italiano chamado Sambuca, tamén se fan caramelos, comprimidos e tiras de oblea de venda en farmacias e postos de lambetadas polos seus característico e agradable sabor e polas súas propiedades para eliminar o mal alento. É un ingrediente do tabaco oloroso de fumar en pipa que o caracteriza polo seu olor estoxadizo.

 


 

COMPOSICIÓN

Azúcares: glicirricina, glucosa y sacarosa.

Flavonoides: licoflavonol, licoricona, glicirol, glizarina, formononetina, propenilanilosa, isoliquiritigenina, glabrol, glabrona.

Saponina.

Tanino.

Betacaroteno.

Aminoácidos: asparagina.

Proteínas.

Ácidos: salicílico, málico, betulínico, glicirrético.

Minerais: cromo, cobalto, fósforo, magnesio, potasio, silicio e sodio

Vitaminas:vitamina C e tiamina

 


 

USOS TERAPEUTICOS

A súa base é a raíz da planta e o seu compoñente principal, a Glicirricina. Este compoñente elabórase tradicionalmente a partir das raíces de tres anos que aínda non produciron froito e que adoitan recollerse durante outubro e novembro. O proceso consiste en machucalas e facelas ferver a lume lento en caldeiros de cobre, removendo constantemente ata que se forme unha pasta consistente. A esta pasta dáselle a forma oportuna e déixase secar sobre taboleiros de madeira. Actualmente modernas máquinas realizan o proceso en cámaras de vapor.

No procesamento da regalicia adoitan entrar outros produtos edulcorantes que disimulan o amargor natural da planta. Un destes produtos é a glicirricina, que presenta certas incompatibilidades e unha posible toxicidade.

Ademais de preparados normalizados de regalicia, utilízase tamén a súa raíz seca triturada para facer decoccións e tinturas, realizada coa raíz seca e macerada nalgunha bebida alcohólica de 45º durante 15 días. A vantaxe da raíz é que, unha vez recollida e lavada axeitadamente, pode ser gardada e conservada perfectamente ata que se decida realizar unha preparación.

 


 

UTILIZACIÓN

Dado o poder da regalicia como edulcorante, se utiliza habitualmente na confección de alimentos e bebidas, superando en moito o poder doutros endulzantes. Igualmente utilízase na industria do tabaco para mellorar o sabor dos cigarros.

 


 

TOXICIDADE

A glicirricina posúe propiedades mineralcorticoide e glucocorticoide. O seu uso prolongado produce efectos negativos no organismo con aumento da presión sanguínea, aumento do sodio e retención da auga.

Moitas das intoxicacións prodúcense dun xeito inconsciente co uso habitual desta planta en caramelos, sobre todo aqueles para refrescar o alento. Outros causantes das intoxicacións son beber cantidades grandes de bebidas que conteñan regalicia, como o anís, fumar moito tabaco tratado con esta planta, comer gomas de mascar ou caramelos. A dose tóxica depende de cada individuo pero a Comisión Europea, nun estudo do 2004, recomenda que as doses diarias de ácido glicirrético non supere os 100 mg diarios.

Nun estudo realizado en Irán comprobouse como a administración de 1,3 grs de extracto seco de regalicia durante dez días consecutivos diminuía a testosterona dos afectados e inhibía o seu desexo sexual, ao contrario da común crenza difundida en herboristerías de ser un afrodisíaco.

Igualmente un estudo levado a cabo en Finlandia chegou á conclusión que o consumo de regalicia levada a partos prematuros.

Non se pode utilizar en caso de diabete do tipo II, en pacientes con hipertensión arterial, con aqueles que teñan pouco potasio no sangue, en enfermos de hepatite e durante o embarazo.

A regalicia está contraindicada durante o embarazo e a lactación, en casos de insuficiencia renal, de diabete (hai que ter en conta o seu contido de azucres) e de hipertensión.

Ademais, non debe ser tomado por persoas que toman corticoides ou antihipertensivos ou outros fármacos cos que pode interaccionar de forma negativa.