POLEO, o Poleo menta (Mentha pulegium)

 

O menta poexo, coñecido tamén como poexo, é unha planta herbácea da familia das labiadas que crece en sitios húmidos e que posúe varias propiedades medicinais das que o noso organismo pode beneficiarse. De feito, as infusións de menta poexo son moi populares, sobre todo, polo efecto relaxante que xeran e por axudar a aliviar dores estomacais, mellorando as dixestións difíciles.

Familia: Labiadas.

 


 

CARACTERÍSTICAS

Adoita encontrarse nas beiras dos ríos ou en lugares húmidos. É unha herba perenne, rizomatosa, que pode alcanzar ata 45 cm de altura.

As propiedades medicinais do poexo coñécense dende hai milenios; os antigos gregos e romanos xa utilizaban os seus vapores como insecticida, para escorrentar pulgas e mosquitos.

Polo seu aroma e o seu sabor amargo, o poexo era unha herba culinaria moi popular entre os gregos e os romanos. O seu uso máis habitual é como dixestivo, en infusión, despois das comidas.

Utilízase toda a planta.

 


 

RECOLECCIÓN

Pódense recoller as follas durante todo o ano, mentres que as flores o serán en verán ou outono. Deixar secar á sombra en lugares ben ventilados e sempre cos talos cara a arriba.

 


 

COMPOSICIÓN

Adoita usarse a folla (aínda que pode usarse toda a planta) que na súa maior parte contén pulegona, mentol e outras substancias terpénicas como a Menton, isomentona... (en menor proporción), así como, entre outros, ácido acético, butírico e salicílico.

 


 

UTILIDADE TERAPEUTICA

Está considerado como un bo carminativo (facilita a expulsión dos gases intestinais) e tónico estomacal ademais de emenagoga (regula a menstruación). En afeccións bronquiais leves tamén ten certa acción como expectorante e antitusivo (por vía tópica). Úsase en infusións como relaxante e dise que favorece a expulsión da placenta despois do parto.

En alimentación utilízase para a súa propiedade aromática, que fai que na industria tamén se utilice para evitar a halitose e en dentífricos como refrescante.

É eficaz en disipar a embriaguez, suavizar as resacas e aliviar as dores de cabeza.

É un magnífico repelente natural contra pulgas, piollos, moscas e mosquitos. Pódese utilizar queimando a planta (o fume escorrenta a lis insectos), fregando a planta contra a pel ou fumigando unha infusión dun par de culleradas de follas secas.

As follas secas fortalecen as enxivas e purifican o alento.

Serven para aliviar as picaduras de avespas e outros insectos, para escorrentar insectos -como un repelente de trazas nos caixóns, por exemplo- e, en infusión, para o tratamento das dores de cabeza, arrefriados e mareos.

Contraindicacións/precaucións: non consumir durante o embarazo (é un antiabortivo moi potente), nin durante a lactación.

 


 

PREPARACIÓN HABITUAL

Para elaborar a bebida, fervemos a auga e agregamos unha ou dúas culleriñas de flores secas por cada cuarto de litro. Déixase repousar uns dez minutos e cóase.

Como precaución, non consumir habitualmente máis de dúas cuncas ao día, xa que os aceites poden causar danos no fígado.