MELISA O TORONJIL (Melissa officinalis L.)

 

A melisa é nunha planta medicinal relaxante por excelencia, constituíndose nunha das máis utilizadas cando necesitamos relaxar o noso corpo e a nosa mente grazas ás súas virtudes sedantes.

 


 

CARACTERÍSTICAS

Procede de Europa central e meridional. É unha planta herbácea, perenne, de talo ergueito cuadrangular e cuberto de lanuxe. Ten un aspecto que recorda á estruga, aínda que as súas follas non irritan a pel. As súas flores son moi pequenas e con cores que van do azul ao amarelo pálido. Posúe un agradable aroma a limón, especialmente cando se fregan as follas, que atrae ás abellas e por iso se considera unha planta moi melífera.

É unha planta que prefire os ambientes frescos e que crece ben á sombra de chopos e castiñeiros.

Entre as súas propiedades máis coñecidas destaca o efecto sedante e balsámico, xa que constitúe un magnífico tónico relaxante que diminúe a ansiedade e o nerviosismo, razón pola que xa no século XVII, os carmelitas descalzos a utilizaban para preparar o " Agua do Carmen, un licor moi eficaz contra as crises nerviosas.

 


 

RECOLECCIÓN

Utilízanse as súas follas e recóllense dous ou tres veces ao ano, con tempo seco, e deixaranse secar lentamente, nun lugar sombreado e ventilado no que non se deberán superar os 40ºC en cuxo caso tomará unha cor marrón.

Tamén se poden utilizar as follas frescas e os brotes.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

O seu principal efecto é como sedante e lixeiramente hipnótica polo que se pode utilizar como tranquilizante en casos de insomnio, ansiedade e taquicardia, así como en cefaleas e espasmos abdominais de orixe nerviosa. Equilibra o sistema nervioso sendo de grande axuda en casos de estrés e depresión nerviosa.

Ademais ten propiedades antiespasmódicas, antiinflamatorias e carminativas. Tamén destacan as súas propiedades antisépticas que a fan moi eficaz fronte a fungos e virus. Pódese usar ademais en casos de mareos, náuseas, indixestións, acidez, dor cólica, flatulencia e outros trastornos gástricos provocados pola tensión nerviosa.

 


 

UTILIZACIÓN

Pódese utilizar tanto interna, coma externamente.

Internamente recoméndase unha ou dúas culleradas por cunca de auga, tomando 3 ou 4 cuncas diarias.

Externamente pode empregarse en forma de compresas (infusión de 30 grs. de planta por litro de auga), baños (engadindo a mesma cantidade anterior no baño) ou en friccións (neste caso utilízase en aceite esencial) en casos de herpes ou infeccións cutáneas e co xugo fresco da planta se mitigan os proídos das picaduras de insectos ou se cicatrizan pequenas feridas superficiais.

 


 

PREPARACIÓN

A auga de melisa prepárase deixando a remollo 200 gramos de melisa fresca, nun litro de alcohol etílico, durante 9 días. Logo cóase e tomarán 15 a 25 gotas en auga morna, dous ou tres veces ao día, para regular a tensión nerviosa, para o insomnio, para dores de cabeza e regras dolorosas, etc.

A "Auga do Carmen" prepárase mesturando: 2gr.de follas, 4 gr. de codia de limón, 2 gr. de noz moscada, 1 gr. de cravo de olor e 100cc. de alcohol de 60°. Déixase macerar 24 horas e logo destílase a baño María. Tomaranse 1 ou 2 culleriñas diluídas en auga.

Dise que unha infusión con 30 gr. de follas e flores por litro de auga, tomando dúas cuncas diarias, durante 2 meses consecutivos, estimula a memoria.

 


 

CONTRAINDICACIÓNS

O seu uso non é aconsellable para persoas con hipertiroidismo, así como a mulleres embarazadas ou durante a lactación. Non consumir combinada con plantas excitantes como o té ou o café.