HERBA LUISA (Aloysia tripilla)

 

A Herba luisa é unha planta que combina a indiscutible fermosura das súas flores co seu peculiar aroma a limón e as propiedades medicinais de que dispoñen as súas follas.

Ten coñecidos efectos estimulantes e vénse empregando, dende hai moito tempo, para reanimar as persoas que se encontran máis decaídas fisicamente.

Familia: verbenaceaes.

 


 

CULTIVO

Esta planta que adoita alcanzar o tamaño dun arbusto de máis de dous metros procede de América o Sur.

As súas follas despiden un forte olor a limón e as súas flores, que crecen en ramalletes durante o verán, son dunha cor lila suave.

Este arbusto prefire os lugares cálidos, polo que durante o inverno convén protexela das xeadas. Aínda que lle gusta a exposición ao sol tamén prospera en semisombra, e mesmo á sombra.

Prefire chans ben drenados e hai que regala con frecuencia, especialmente en épocas secas, evitando sempre o encharcamento. Se o chan é pesado pode engadirse algo de area para facelo mais permeable.

Normalmente non adoita sufrir ningún tipo de pragas.

 


 

REPRODUCIÓN

Adoita facerse por gallos (duns 15 cm) que se plantan sobre terra ben aboada no outono e se manteñen protexidos durante o inverno, para posteriormente transplantalos en primavera. Tamén pode reproducirse por enxerto.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

É un bo tónico estomacal que resulta moi eficaz en problemas dixestivos como gases ou flatulencias, dixestións lentas, dor de estómago e vómitos, e tamén como tranquilizante.