EQUINÁCEA (Echinácea purpurea, E. angustifolia, E. pallida)

 

A equinácea é amplamente utilizada para combater o arrefriado, as infeccións e, en xeral, para impulsar o sistema inmunolóxico e aumentar as defensas do organismo.

Familia: compuestas.

 


 

CULTIVO

Esta planta plurianual procede da parte Oeste de América do Norte onde foi tradicionalmente utilizada polos indios, especialmente para curar feridas polas súas propiedades desinfectantes bactericidas.

Adáptase ben a todo tipo de climas (soportando ben a época fría), así como a diversos tipos de chans, aínda que prefire os fértiles.

Reprodúcese por sementes (conservalas húmidas, envolvidas en turba, na parte baixa do frigorífico), aínda que se dispoñemos dalgunha planta enraizada esta xermolará cada ano, sen problemas. Adóitanse plantar ao aire libre a mediados de inverno.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

Está considerada como un dos mellores antibióticos naturais, podendo usarse como remedio preventivo, en persoas débiles (nenos ou anciáns) ou que están en contacto con enfermos.

É unha grande estimuladora do sistema inmunolóxico.

 


 

USO INTERNO

Contra a gripe, arrefriados, bronquite ou problemas de garganta tomar 1000 mg. ao día de suplemento de equinácea distribuídos en 5 tomas diarias.

En casos de infecciones do sistema urinario tomar 800 mg. repartidos en 4 tomas diarias.

En casos de cancro pódese usar para estimular o sistema inmunolóxico despois de tratamentos con quimioterápia.

 

USO EXTERNO

Enxaugaduras bucais contra a inflamación das encías (utilizar o líquido da planta fresca, diluíndo unhas gotas de tintura en auga).

Realizar gargarexos contra as anxinas e a farinxite para axudar á curación.

NON APLICAR a persoas con enfermidades autoinmunes, nin a persoas alérxicas ás margaridas.