CONSUELDA (Symphytum officinale)

 

Historicamente esta planta foi amplamente cultivada ao longo de moitas civilizacións pola súa multifuncionalidade medicinal, alimenticia, de fertilizante, como forraxe etc.

Familia: boragináceas.

 


 

CULTIVO

Esta herba vivaz, plurianual, que posúe un rizoma en forma de remolacha que ten boas propiedades medicinais. Florece de maio a xullo (segundo zonas) e para recoller a súa raíz espérase a que a planta estea seca (outono). Unha vez desenterrada a raíz lávase, córtase ao longo e déixase secar temperatura moderada. Logo consérvase en recipientes herméticos para que non se podreza coa humidade.

É un magnífico fertilizante orgánico moi utilizado en agricultura ecolóxica.

Adáptase a todos os climas coa única esixencia de ter un chan con humidade regular. Tolera ben os climas fríos.

Gústanlle os chans fértiles.

Adóitase reproducir mediante división das raíces.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

A raíz contén alcaloides, taninos, gomas, resinas, fécula, esencia, abundante mucilaxe e unha cantidade importante de alantoina (utilízase con diversos antibióticos e bacteriostáticos para conseguir a rápida proliferación de células sas e a eliminación de xermes infectantes).

É especialmente importante para feridas, escoceduras, queimaduras, prurito, eccemas e úlceras cutáneas. O seu uso debe ser unicamente externo xa que posúe uns alcaloides que poden resultar perigosos para o fígado.

Ten magníficas propiedades cicatrizantes (contén ata un 6% de taninos) e para soldar os ósos rotos. Actúa moi ben sobre as articulacións.

Para heridas abiertas, para cortar a saída de sangue e favorecer a cicatrización aplicar unha cataplasma de raíz fresca machucada; tamén se poden aplicar follas machucadas pero ten menos efecto. Pódese aplicar unha infusión de follas secas empapándoa nunha gasa.

Alivia a dor en artritis ou artrosises aplicando cunha compresa mollada unha decocción de raíz.

No caso de farinxite ou anxinas realizar gargarexos cunha decocción dunha culleriña de raíz por vaso de auga, adozando con mel. Esta mesma fórmula pódese utilizar para tratar infeccións de aparato sexual feminino.

No caso de escordaduras ou luxacións , para reducir a dor, aplicar unha pasta formada por raíz fresca machucada á que engadiremos aceite de oliva. Tapar cunha gasa.