CALÉNDULA (Calendula officinalis)

 

Unha flor marabillosa.Antiséptica, anti inflamatoria e cicatrizante. Hai máis de 3.000 anos os exipcios consideraban á caléndula unha planta milagrosa, os gregos e romanos utilizábana para curar moitas das súas enfermidades. Hoxe en día ten varios usos medicinais e cosméticos.

Familia: asteraceae.

Situación: Pleno sol, aunque tolera la semisombra

 


 

CULTIVO

Provén de zonas mediterráneas, seguramente de Exipto. É unha planta anual que orixina matas dunha altura de 40-50 cm. A súa floración dura case todo o ano, pero é máis intensa no verán. Para ter boa floración é conveniente ir retirando as flores murchas.

Resiste ben o frío, ata -10ºC. Hai que regala con regularidade, especialmente durante a floración, pero non lle gustan os lugares húmidos.

Prefire os chans lixeiros, ben aboados e ben drenados, aínda que é pouco esixente.

As súas flores frescas úsanse en ensaladas. Secas e moídas usábanse como colorante para substituír ao azafrán nos guisos (azafrán dos pobres), aínda que o seu sabor é diferente.

A reprodución faise por sementes, polo que é conveniente deixar secar algunhas flores para provernos para o ano seguinte.

Non adoita ter moitos problemas, aínda que o pulgón pode atacar os brotes tenros ou, se a cultivamos en zonas húmidas pode sufrir ataques de oidio.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

Antiinflamatorias, antisépticas, calmantes, antibióticas, e para tratar indixestións, sudorífica, úlceras estomacais e conxuntivite.

Para curar feridas infectadas, ou de difícil curación, pódese aplicar unha cataplasma de planta fresca machucada (a prostaglandina que contén os triterpenos, sobre todo o faradiol, demostraron ser os principios antiinflamatorios máis importantes).

Produce unha acción emmenagoga, como regulador dos períodos menstruais e calmante das dores características.

Considéralla calicida, axudando á desaparición de espullas víricas da pel, debido ao seu contido en ácido acetilsalicílico.

O aceite de caléndula é un dos mellores remedios para aliviar as queimaduras. Elabórase deixando macerar durante un mes, nun recipiente de cristal pechado hermeticamente, un puñado de flores nun litro de aceite de oliva. Mantelo 40 días nun lugar sen sol. Aplícase como un bálsamo.