AXEDREA (Satureja montana)

 

As propiedades afrodisíacas da planta ajedrea vén dende tempos remotos. Na antiga Grecia a ajedrea era consagrada a Dionisos, en cuxa honra celebraban grandes orxías. Era tal a fama desta planta medicinal que na antigüidade os frades non podían plantala nos seus hortos porque dicían que era unha herba do amor!

Familia: labiatae.

Situación: pleno sol

É un arbusto duns 50 cm. de altura orixinario da conca mediterránea. Vive 4 ou 5 anos e florece en verán con flores de cor branca, rosa ou violeta. No seu estado asilvestrado prefire terras calcarias, aínda que no horto se adapta ben a terras soltas, fértiles e profundas.

Pódese reproducir por semente (en viveiro protexido, a principio da primavera), por gallo ou por división de pés (cortando unha rama que teña raíces na súa base).

 


 

RECOLECCIÓN

Pódese ir utilizando en fresco (puntas de talos tenros), cando a necesitamos. Para licores usarase unha rama florida. Se queremos secala cortaremos os talos xusto antes de que florezan e colocarémolos á sombra e nunha zona seca e ventilada, colgándoa polo talo.

 


 

USOS CULINARIOS

É unha herba de olor moi forte que enmascara a outras herbas polo que é recomendable usala con moderación. Ten sabor picante. Adóitase empregar como aliño de olivas, macerar viños e licores, ou en grandes potaxes ou asados.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

Contén taninos que o fan actuar como antidiarreico, astrinxente e cicatrizante.

A presenza de ácidos fenólicos confírelle propiedades antisépticas, e xunto á esencia achega propiedades tonificantes, aperitivas, dixestivas (tomada en infusión dunha culleriña de follas secas por cunca de auga, despois das comidas) e carminativas.

Actúa como repelente de insectos.

Pódese utilizar como afrodisíaco xa que aumenta a actividade sexual.