ANÍS VERDE (Pimpinella anisum)

 

As sementes de anís verde son empregadas en repostaría polo seu sabor especial. Tamén son famosas por aliviar os cólicos bebés, pero o anís verde presenta moitas máis propiedades terapéuticas. Familia: apiáceas.

Situación: pleno sol.

Orixinaria de Asia sudoccidental e da conca mediterránea oriental, prefire os climas mornos, cálidos e secos. É unha planta anual que forma matas de ata 1 m.

Gústanlle os chans ricos en humus, amolecidos e profundos.

A reprodución faise por sementes e necesitará regos se o tempo é caloroso e seco.

As súas sementes úsanse tanto en cociña, coma en repostaría e panadaría. Pódense consumir todas as partes da planta, e non só as sementes.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

Como carminativo, estomacal, antiespasmódico, espectorante e galactógeno, utilizándose para eliminar gases, favorecer a secreción de xugos gástricos, para cólicos ou para aumentar a secreción láctea.

Adóitanse tomar en infusión de 1-5 gramos de sementes, recén moídos, por cunca de auga.