ALOE VERA (Aloe Vera)

 

De todas as especies vexetais coñecidas, poucas reúnen as marabillosas propiedades curativas que posúe o Aloe Vera.

Familia: liliaceas.

Situación: pleno sol.

 


 

ALGUNHAS CARACTERÍSTCAS

É unha planta plurianual procedente de Africa propia de climas cálidos ou semicálidos pero que non soporta ben o exceso de humidade. Crece orixinariamente en zonas áridas e rochosas, normalmente entre 600 e 1800 metros de altitude.

Resiste ben o frío.

É unha planta doada de cultivar polo que non debe faltar en ningunha horta, ben sexa con fins hornamentales, ou polas súas propiedades terapéuticas. Se a plantamos en maceta poñerlles na parte inferior unha capa de grava para facilitar unha drenaxe perfecta.

No fogar resulta moi útil dada a súa capacidade para absorver gases tóxicos como o formaldehido, o benceno ou o tricloroetileno, presentes en pinturas, fibras sintéticas, illantes, e outros materiais utilizados na construción.

É unha planta que a diferenza da maioría absorve anhídrido carbónico polo día e desprende osíxeno pola noite.

É unha planta suculenta, o que significa que contén gran cantidade de xugo.

Non confundir o aloe coas coñecidas como pitas (agaves), que son moi duras e fibrosas.

As plantas expostas ao sol directo poden presentar follas amarronadas, e as plantas novas poden presentar nas súas follas liñas ou puntos brancos.

 


 

CULTIVO

Aínda que é unha planta resistente hai que protexela do frío e do exceso de humidade (podrécese). Prospera ben a pleno sol, pero tamén en zonas de sombra, tanto ao aire libre coma en interiores.

 


 

REPRODUCIÓN

Por transplante dos numerosos fillos que adoitan saír nas plantas de varios anos. Ao transplantalos non se deben regar nunha ou dúas semanas, ata que cicatricen as feridas.

 


 

PROPIEDADES MEDICINALES

Contén as 13 vitaminas que necesita o noso organismo, con excepción da vitamina D que podemos producila, así como numerosos minerais (ferro, calcio, fósforo, magnesio, manganeso, potasio, cromo, cobre, cinc, selenio, silicio e xermanio) e aminoácidos (19 dos 22 que necesita o noso organismo). Ademais o seu consumo achega encimas, esteroles, antraquinonas, saponinas e mono e polisacáridos.

Destacan, entre outras, as súas propiedades cicatrizantes, antibióticas, dixestivas, coagulantes, rexeneradoras celulares e desintoxicantes. Son máis ricas en principios activos as plantas de máis de tres anos, das que comezaremos utilizando as follas máis baixas e grandes, e cuxo corte cicatrizará sen problemas.

Para feridas, queimaduras, infeccións... cortar unha folla ao longo e colocar a parte mucilaxinosa sobre a zona a tratar. Pódese suxeitar cunha venda. O Aloe axuda a unha cicatrización rápida e impide a formación de queloides, xa que rexenera o tecido.

Para reducir o colesterol consumilo habitualmente en forma de xugo xa que os seus ingredientes o emulsionan e facilitan a súa eliminación do organismo, podendo conseguir reducir entre 12 e 14 puntos o colesterol no sangue consumindo unha dose diaria.

Para as manchas da pel aplicar directamente a xelatina do aloe sobre estas. Elimina a acumulación de melanina que as orixina.

Para o seu uso interior pódese consumir a polpa; para iso quítaselle a pel e consúmese o interior. O seu sabor é moi amargo debido á presenza de acibar, que se pode reducir se unha vez eliminada a pel a lavamos con abundante auga.

No caso de queimaduras é moi recomendable aplicar aloe xa que se consegue unha rápida cicatrización, posto que rexenera as células, á vez que polas súas propiedades antisépticas evita a infección.