OUREGO (Origanum vulgare)

 

É un condimento indispensable na comida mediterránea, en especial en Italia. Logrouse cultivar en terreos máis fríos, pero a intensidade de sabor e aroma cambia notablemente, pois o ourego da mellor calidade é máis aromático e lixeiramente amargo, o cal pode chegar a entumecer a lingua.

 


 

DATOS DE INTERESE

Familia: Labiadas

É unha planta vivaz, orixinaria de Europa e Asia occidental que dase fundamentalmente nas zonas de montaña. É moi melífera, aromática e de gran sabor, incrementandose estas características en zonas máis cálidas. Resiste ben as xeadas, sobretodo o ourego vermello.

Seméntase a mediados da primaveira. Pódese reproducir por sementes, ou por división de pés (en outono). Plántase en marcos duns 30 cm. Medra fácilmente en terreos algo húmidos.

 


 

CULTIVO

En semilleiro plantar dous meses antes da última xeada; xerminará en dúas semáns. No exterior sementalo dúas semáns antes de última xeada.

Sementar únicamente tapado as sementes con terra.

pH óptimo entre 6 e 7,5.

Plantar a pleno sol, ou semisombra, e regar pouco.

Necesita poucos nutrientes y lévase ben con prácticamente todas as plantas.

Marcos de 15 cm.

 


 

COLLEITA

Ainda que reproduce ben a partir de sementes é mellor adquirir plantas, especialmente as variedades gregas ou italianas que son máis aromáticas.

Se recortamos a planta uns 5 cm sobre a terra, antes de que florezca a principios do vran, teremos outra colleita ao final do mesmo.

 


 

APLICACIÓNS TERAPÉUTICAS

É interesante para o sistema respiratorio, para dores articulares e para o sistema dixestivo.

 


 

CAPACIDADE XERMINATIVA

As sementes ecolóxicas conservaranse un par de anos.