FIUNCHO (Foeniculum vulgare)

 

É unha planta herbácea que chega a medir ata dous metros de altura e que se atopa asilvestrada preto de hortos, nos bordes de camiños, monte baixo, terreos hermos e en lugares onde abunda a auga e con sombra.

Estructúrase dun bulbo branco e verde con forma de gromo, que comúnmente se chama fiollo de Florencia e que se cultiva para o consumo e con sabor parecido ó do apio. Este bulbo ten o aspecto dunha cebola da que arrincan varios talos grosos e finos que semellan ó perexil. Na cima se abre en ramalletes de umbelas de flores amarelas con forma de paraugas, que cando se secan dan lugar a uunhas sementes de cor parda gris, de forma alongada e de cheiro característico.

Outros nomes: Fieiteiro, fionllo, fioncho, fiollo, funcho, fruncho. En castelán, Hinojo.

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 

DATOS DE CULTIVO 

 Sementar a uns 6 mm de profundidade, un mes antes da última xeada e cando a temperatura da terra supere os 18ºC. Xerminará nun par de semáns.
pH óptimo entre 6 e 7.
Colocar en marcos de 30 cm, a pleno sol e con rega moderada.
Únicamente lévase ben coas mentas.
Precisa poucos nutrintes pero algo de N.

Para que o bulbo blanquee hai que tapalo cun bo acolchado. Colleite os bulbos cando teñan uns 10 cm de ancho. Tamén pode utilizar as follas como herba aromática.

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 

FERTILIZACIÓN 

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 Utilízanse as sementes polo seu aceite e o bulbo que é comestible e con propiedades diuréticas.

Pola súa acción carminativa e dixestiva, úsase de maneira frecuente para facilitar a expulsión dos gases, tomando unha cunca de infusión das sementes despois da comida ou ben mascando as sementes directamente. Tamén é habitual incorporalas na cociña sobre todo con legumes e castañas. Esta propiedade débese ó aceite esencial que se atopa nas sementes.

Tamén posúe propiedades diuréticas e úsase en mistura con outras plantas para tratamentes de tose, bronquite e arrefriados. Para estos males, recomendase de tres a cinco cuncas diarias de infusión de sementes, follas ou ámbalas dúas, mellorando a súa acción se a tomamos con mel.

Úsamolo tamén en zume fresco obtido de espremer a planta para aliviar os ollos cansos e a conxuntivite e para axudar en casos de glaucoma. Na temporada invernal podemos usar as sementes para a mesma finalidade facendo unha decocción da semente, coa que se poden limpar os ollos de dúas a tres veces no día.

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 O fiuncho lévase mal con case que todas as hortalizas polo que haberá que colocalo separado.

CAPACIDADE XERMINATIVA

 As sementes ecolóxicas duran máis de catro anos.

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..