ESTRAGÓN (Artemisia dracunculus var.sativa)

 

O estragón, tamén coñecido como herba de dragón, é unha planta de orixe asiática que apreciamos moito nas nosas cociñas polo sabor que lle confire aos alimentos. Non obstante, non sempre sabemos que posúe nutrientes e antioxidantes que lle achegan grandes beneficios á nosa saúde.

 


 

CARACTERÍSTICAS

Sementar na primaveira, directamente no exterior, cando a terra supere os 10ºC.
pH óptimo entre 5,5 e 7.
Apleno sol e pouca rega.
Marco de plantación a uns 35 cm.
Ten poucas necesidades de nutrientes e combina moi ben coa albahaca, pero non lle gustan as alcachofas, nin o xirasol

 


 

PLANTACIÓN

É unha planta perenne, resistente e de fácil cultivo.

Ten un sabor que recorda o regaliz que combina moi ben co polo ou co marisco. Tamén emprégase para aromatizar vinagres.

É mellor mercar unha planta que reproducila de semente, pero asegúrese que ten follas aromáticas xa que hai variedades que non teñen. Non presisa case coidados e mesmo resiste moi ben as secas. Debemos sustituir as plantas cada 4 ou 5 anos, pero tamén poderemos trocear as súas raíces e replantalas.

As follas son máis sabrosas recollidas antes da floración, cando a planta acade seu tamaño definitivo.

Pode utilizalas para platos con polo, patacas, setas, porros ou pescado, ou tamén para aromatizar vinagre colocando nunha botella de vinagre de viño branco, unha parte de estragón por dous de vinagre, durante catro semáns.