ENELDO (Anethum graveolens)

 

Unha magnífica planta para a nosa horta xa que atrae a numerosos insectos beneficiosos, como as avispas e moscas depredadoras, polo que podereos colocala entre outras hortalizas para protexelas das plagas.

Dende o punto de vista culinario resulta moi interesante para combinar coas patacas, as xudías e outros vexetais, asi como para moitos platos de marisco.

 


 

PLANTACIÓN

 

Sementar superficialmente, cubrindo lixeiramente, cando a temperatura da terra acade os 16ºC, e xerminará nunhas tres semáns.
Sementar un mes antes da chegada da primaveira ata mediados do vran, en rexións frías, pero nas cálidas podedes facelo dente finais do vran ata finais do outono.
pH óptimo entre 5,5 e 6,5
Necesita pleno sol e rega abondosa, así como unha aportación alta de nutrientes.
Comparte espazo coas coles pero non lle gustan nada as cenouras.

Unha vez sementado o eneldo non precisa coidados especiais. Cando teña uns 8 cm de altura engadirlle cobertura para conservar a humidade e poñer barreiras as herbas competidoras.

Recoller as flores cando a planta acade un bo tamaño. As inflorescencias cando abran a maioría das flores, e para recoller as sementes, cortar as umbrelas cando teñan unha cor marrón ou amarela, colocalas boca abaixo nunha bolsas de papel e esperar a que caigan as sementes.

 


 

CAPACIDADE XERMINATIVA

As sementes ecolóxicas duran ata seis anos.